Agónica vitoria do BBCA en prórroga por 69-65 fronte ao Ensino

Cheo a rebentar no Javier Gómez Noya para ver a un Costa Ártabra, que chegaba moi minguado a este choque, que decidía quen acabaría líder da primeira volta, xa que se enfrontaban os dous primeiros da clasificación.

Os departamentais non podían contar con Brais, Pita, Jorge, Adrián, Coira, Pevi, Nico Mario nin Rivas que por distintas lesións ou motivos laborais deixaban aos Ártabros co posto para o choque.

Comezaba o partido moi igualado, iniciando os locais un carrusel continuo de rotacións para manter a intensidade, e medir os esforzos dos xogadores, dúas postremeiras canastras de tres, conseguen poñer ao Ensino con vantaxe no marcador finalizando o cuarto 12-18.

Un bo arranque dos locais no segundo cuarto iguala de novo o electrónico, pero os lucenses, toman novamente vantaxe, estirando a súa vantaxe a 7 puntos a falta de 2.55 para o descanso, un novo esforzo local consegue reducir esta renda e chegar ao descanso 33-35.

O paso polo vestiario, fai que os locais reordenen as súas ideas, saen á pista con novos bríos defensivos e tirando de decoro deixan a Ensino en 10 puntos neste cuarto, o 48-45 do electrónico, deixaba todo listo para un apaixonante último cuarto.

O último cuarto non decepcionou, un agotadísimo Costa Ártabra poñía en pista o que lle quedaba pero parecía non chegar, os xogadores de Ensino a falta de 4.44 íanse no marcador 48-56 parecendo sentenciar o choque, pero os ártabros reaccionan cun 12-4 de parcial, levando o choque á prórroga, deixando o electrónico en 60-60.

A priori pintaba complicado para os locais, moi esgotados e máis mermados con dous novos contratempos físicos de Pelayo e Sande, que impedía dar descansos aos xogadores en pista, pero a pesar de todo, os locais están máis centrados e afortunados que o rival neste período extras e conseguen inclinar o partido cara aos seus intereses, conseguindo unha épica vitoria que os deixa como líderes ao final da primeira volta.

Xogaron e anotaron polo Costa Ártabra David Gómez (4), Isma (30), André(7), Fortes (9) e Diatta (10) – cinco inicial – Paulo (3), Unai (4), Pelayo (2), David González (0) e Sande (0)

Info e foto: BBCA

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas