O BBCA levou o derbi ante o Basket Ferrol

O Baloncesto Base Costa Ártabra sumou unha nova vitoria tras impoñerse no derbi ao Basket Ferrol por 54-71.

Partido de máxima rivalidade o disputado en Neda na tarde do domingo, onde dúas escuadras moi diferenciadas na clasificación fixeron que o respectable, vibrase e gozase dun intenso encontro, a falta de acerto dos ártabros permitiu ao Basket Ferrol non descolgarse no marcador, mantendo un fío de esperanza ata o final.

Empezaba o encontro con Basket Ferrol moi crecido, aproveitando a súa velocidade e un Costa Ártabra sorprendido polo acerto rival, ambas as escuadras entran nun vórtice anotador e chegan empatadas ao final do cuarto 23-23.

No paso polos bancos, o Costa Ártabra ponse o buzo de traballo e empeza a subir a súa intensidade defensiva, pecha mellor o rebote e aumenta a velocidade, o 7-14 deste cuarto fai que os equipos se vaian ao descanso 30-37, con todo aberto para a segunda parte.

Tras pasar por vestiarios, os visitantes, coas ideas máis claras, seguen apertando en defensa, só a súa falta de acerto en ataque prívalles de marcar diferenzas no electrónico, deixan a Basket Ferrol en 13 puntos, pero non conseguen fluidez en ataque, para terminar o cuarto 43-54.

O último cuarto é unha réplica do terceiro, un Basket Ferrol moi esgotado pola intensidade defensiva dos ártabros, non consegue anotar, só 11 puntos neste cuarto, pero os ártabros seguen tamén moi espesos ofensivamente, só conseguen anotar 17 puntos, chegando ao final do choque 54-71.

Info e foto: BBCA

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas