Ander Cantero Armendariz (Pamplona, 1995) chegou neste mercado estival ás filas do Racing de Ferrol procedente do Eibar SD. É un porteiro con moita seguridade baixo os paus, rápidos reflexos, bo xogo de pés e coa experiencia apropiada para transmitir tranquilidade á zaga racinguista.
Estas calidades fixéronlle gañarse a confianza do adestrador, Cristóbal Parralo, conseguindo a titularidade en todos os encontros da Liga Hypermotion disputados ata o momento. Ander Cantero respondeu a esta confianza depositada nel con boas accións ao longo da tempada, como detendo un penalti ao xogador do Alcorcón, Chiki, na cuarta xornada, ou con boas intervencións de puros reflexos como a dobre parada realizada ante o Levante a Bouldini e Dani Gómez no undécimo encontro da tempada e o paradón ao disparo con rosca de Cris Montes do CD Eldense, entre outras. Ademais, o gardameta racinguista encaixou vinte e dous tantos e conseguiu deixar a portería a cero en cinco ocasións: Elche, Sporting, Zaragoza, Amorebieta e Andorra.
O pamplonés formouse nas categorías base do Osasuna, promocionando ao Osasuna Promesas e pasando por clubs como o Zamora CF, Real Madrid “C”, Villareal CF “B”, Rayo Majadahonda, CD Lugo, club no que gardan un gran recordo de Cantero e moito agarimo por ser un dos xogadores clave nas dúas permanencias do equipo lucense, SD Eibar e recalar finalmente no club ferrolán para ser un gardián que protexa a portería contra vento e marea.
Nome: Ander Cantero Armendariz
Idade: 28 (09/01/1995)
Lugar de nacemento: Pamplona
Estatura: 1,89 metros
Dorsal: 25
Demarcación: Porteiro
Perna predominante: Zurdo
TEMPADA 2023/24
Partidos xogados: 19
Goles encaixados: 22
Portería a cero: 5 veces
Penaltis parados: 1
Minutos: 1710
Tarxetas: 1 amarela
TRAXECTORIA
2002/12: Canteira do Osasuna
2012/14: Osasuna Promesas
2014/15: Zamora CF
2014/2015: Real Madrid “C”
2015/18: Villareal CF “B”
2018/19: Rayo Majadahonda
2019/21: CD Lugo
2021/23: SD Eibar
2023/24: Racing de Ferrol
SELECCIÓN NACIONAL
Sub-17: 3
Sub-18: 2
Sub-19: 4
Foto: Tini Fotografía