Arrincou o Racing Club Ferrol co seu primeiro adestramento

Trece xogadores e dez membros do corpo técnico completaron o primeiro adestramento da pretemporada sobre o céspede da Gándara. O Racing Club Ferrol comezou na mañá de hoxe ás 10:00 horas a pretemporada co seu primeiro adestramento con Pablo López ao mando do conxunto ferrolán sobre o campo da Gándara. Alí citáronse trece xogadores, con […]

Remuiñán – Cerqueiras, líderes da GR Yaris Cup Spain

A parella galega foi segunda no Rallye Rías Baixas e faise co liderado ao ecuador do trofeo monomarca nacional. Daniel Remuiñán mantivo esta fin de semana o seu impecable refacho de podios en todas as citas celebradas ata o momento do trofeo monomarca de Toyota, a GR Yaris Cup Spain, grazas á súa segunda posición […]

A VIII Carreira do Apóstolo aposta pola inclusión e a accesibilidade no deporte

A oitava edición da Carreira do Apóstolo e Andaina Solidaria de Vilaño, A Laracha, reafirma o seu compromiso cun deporte inclusivo e accesible como ferramenta para crear comunidade. A organización anima a todas as persoas da provincia da Coruña a acercarse a Vilaño o sábado da semana que ven para desfrutar desta gran festa do […]

Hoops Eume 3×3 roza o ouro na Master Final do Street Basket Tour de «Castilla y León»

A pasada fin de semana, o equipo galego Hoops Eume 3×3 deixou pegada na Master Final do circuíto «Street Basket Tour» celebrado en León. Tras proclamarse campións na sede clasificatoria de Segovia, os xogadores chegaban con confianza e ambición. O equipo, formado por Pepe Moreno, Jaime Atienza, Santi Fernández e Alejandro Sancho, asinou unha excelente […]