O club Salvamento Laracha asinou unha actuación histórica no XXXVII Campionato de España de Verán de Salvamento e Socorrismo, celebrado na Praia do Gurugú (Castellón), onde se deron cita máis de 1.500 socorristas e 37 clubs de toda España.
Cun equipo de tan só 8 deportistas, Laracha destacou pola súa calidade, logrando presenza constante en finais e situándose no top ten nacional en múltiples probas, fronte a clubs que acudiron con equipos moito máis numerosos.
ÉXITOS NO PODIO
Iria Barreiro Matos revalidou o seu título español, proclamouse campioa de España xuvenil ao conquistar o ouro en Sprint Praia Juvenil e sumou un bronce en Rescate con Táboa Xuvenil xunto a Gabriela Paulos García, quen tamén subiu ao podio como medallista nacional nesta proba.
Gabriela Paulos García comparte o éxito en podio, logrando o bronce en Rescate con Táboa Xuvenil xunto a Iria Barreiro.
Shaila Rodríguez Rodríguez brillou en categoría cadete, conseguindo dous bronces en Sprint Praia e Bandeiras.
FINALISTAS E TOP 10 NACIONAIS
Infantil e Cadete
Finalistas: Shaila Rodríguez Rodríguez: 3ª en Sprint Cadete e 3ª en Bandeiras Cadete; Pedro Caamaño Verdía, 6º en Sprint Cadete e 7º en Bandeiras Cadete; e María García Ferreiro, 6ª en Bandeiras Infantil.
Top 10 adicionais: Pedro Caamaño Verdía, 9º en Carreira con Táboa Cadete, e María García Ferreiro, 5ª en Carreira con Nipper Infantil.
Xuvenil e Junior
Finalistas: Iria Barreiro Matos, 1ª en Sprint Praia Xuvenil e 4ª en Bandeiras Xuvenil; Iria Barreiro Matos e Gabriela Paulos García, 3ª en Rescate con Táboa Xuvenil; Luis Negreira Mariño, 6º en Bandeiras Junior.
Top 10 adicional: Juan Martín Rodríguez Lafuente, 10º en Bandeiras Junior
RESUMO ESTATÍSTICO
Medallas: 4 (1 ouro e 3 bronces).
Finalistas: 7.
Deportistas en Top 10: 9.
Deportistas participantes: 8.
PARTICIPACIÓN DO EQUIPO
Infantil/Cadete
Shaila Rodríguez Rodríguez (Cadete).
Pedro Caamaño Verdía (Cadete).
María García Ferreiro (Infantil).
Lucas Chouciño (Infantil).
Xuvenil/Junior
Iria Barreiro Matos (Xuvenil).
Gabriela Paulos García (Xuvenil).
Luis Negreira Mariño (Junior).
Juan Martín Rodríguez Lafuente (Junior).
INNOVACIÓN, SEGUIMENTO EN TEMPO REAL E ESPECTÁCULO AUDIOVISUAL
Este ano, a Federación Española apostou pola innovación tecnolóxica introducindo pulseiras electrónicas para os participantes, permitindo seguir ao instante os resultados de cada proba a través da plataforma LiveHeats. Esta ferramenta facilitou que deportistas, familias e afección puidesen vivir a emoción das finais en tempo real.
Ademais, as competicións puideron seguirse en directo a través do canal oficial de YouTube da Federación (CANAL RFESS), ofrecendo un auténtico espectáculo deportivo. Os vídeos quedan dispoñibles para que todos poidan recrearse e revivir as emocións das probas máis destacadas, achegando o salvamento e socorrismo a todo o público.
MISIÓN: MÁIS ALÁ DO DEPORTE, COMPROMISO COA COMUNIDADE
No Club Salvamento Laracha, a nosa misión vai máis alá da competición: traballamos para atraer e reter á mocidade na comunidade, ofrecendo formación nun deporte que salva vidas e é unha profesión de futuro. Apostamos por actividades inclusivas e accesibles para todas as persoas, fomentando a igualdade real e o empoderamento de mulleres e nenas, así como a integración de persoas maiores e con diversidade funcional.
Promovemos a participación comunitaria, o voluntariado e a educación en seguridade acuática e primeiros auxilios, formando socorristas preparados para actuar en situacións críticas tanto no mar como en terra. Ademais, integramos prácticas sostibles e colaboramos co tecido local, poñendo en valor o patrimonio natural e cultural da Laracha.
ORGULLO E VISIBILIDADE PARA LARACHA EN GALICIA
Dende o club Salvamento Laracha queremos expresar o noso enorme orgullo polas/os nosas/os deportistas, que levaron o nome do noso concello ao máis alto nun deporte cada vez máis visible, respectado e valorado pola súa importancia social e deportiva. Conseguir varios podios e estar sempre entre os mellores de España, nun evento con milleiros de persoas e 37 clubs de toda a xeografía nacional, é un éxito que pon en valor o traballo, o esforzo e a paixón dos nosos socorristas.
Seguiremos traballando para que A Laracha siga sendo referente no salvamento e socorrismo, levando sempre por bandeira a calidade, o compromiso, a igualdade e a excelencia deportiva, e contribuíndo ao benestar e seguridade da nosa comunidade.
Info e foto: Salvamento Laracha




