Os campións e as campioas dos trofeos de Bisbarra en xogo 2024/25

Tras finalizar as tempadas de fútbol e fútbol sala, xa temos aos vencedores e ás campioas dos nosos trofeos, logrando os galardóns este ano os xogadores Iván Rojo, Robin Mallo, Djibril Diame, Isma Ramos e Nico Rosa, e as xogadoras Noemi García, Eva Lema, Rut Castro e Paula Fandiño. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO, A COSTA, MUROS […]

Kobas: “Estamos a centrarnos no Campionato de Rallymix”

O piloto carballés, Javier Ramilo Queijo, coñecido como Kobas, obtivo a vitoria na 20ª edición do Autocross de Carballo na modalidade de Carcross, aínda que o obxectivo é o Campionato de Rallymix, onde lidera a clasificación tras disputar as probas en Serra de Argallo, Touro e Sidra da Estrada. Precisamente, neste último escenario, que celebraba […]

O Club Sysca proclámase subcampión galego xuvenil, júnior e absoluto de praia

O equipo carballés culmina os campionatos autonómicos con podio en case todas as categorías. O Club Sysca fíxose co subcampeonato das categorías xuvenil, júnior e absoluto tras a gran actuación dos seus deportistas no Campionato Galego de praia. Desde o venres ata o domingo, a praia coruñesa do Orzán foi o epicentro do salvamento e […]

O Club Laracha aséntase na elite galega con dous ouros, cinco pratas e presenza en todas as finais do Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo

O equipo confirma o seu liderado autonómico con dous ouros, cinco pratas e unha sólida presenza nas finais tras asinar unha actuación sobresaínte no Campionato Galego Junior, Xuvenil e Absoluto de Praia, celebrado na praia do Orzán (A Coruña) os días 20, 21 e 22 de xuño, consolidándose como entidade referente na formación de socorristas […]

Recibimento no Concello de Carballo ás patinadoras de Escola Lubiáns que veñen de proclamarse campioas galegas na modalidade “Show”

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, recibiron ás patinadoras do Escola Lubiáns – Garaysa, que veñen de proclamarse campioas galegas de patinaxe artística da 2º categoría, na modalidade Show. O equipo, composto por 19 patinadoras de doce a vinte anos de idade, xa acadaran a pasada temporada o subcampionato galego, […]

Hugo Naveira: “Estamos xogando un hóckey moi bo”

Un dos grandes talentos do Escola Lubiáns é Hugo Naveira Santos (A Coruña, 2003), que esta tempada cumpriu a súa terceira campaña no club tras comezar a súa traxectoria no seu colexio, Santa María, e dar o salto profesional ao Liceo. Como foron os teus inicios no mundo do hockey? Pois empecei con 5 anos […]

Iago Larrañaga: “É motivador que depositen tanta confianza na canteira”

O Volei Dumbría, que finalizou cuarto na Superliga 2, é un club que sempre aposta por xente da casa e dar oportunidades aos canteiráns para formar parte do primeiro equipo. Nesta ocasión, tivemos a oportunidade de falar con Iago Larrañaga Ledo (Dumbría, 2007), unha das perlas da canteira que xoga como colocador, que xa vestiu […]

María Brea: “Quedo coa familiaridade do club e co ambiente que hai no equipo”

A liga feminina de fútbol sala da Preferente Futgal presentou esta tempada un nivel moi elevado, con varios equipos que tiñan entre as súas filas a xogadoras que estiveron en categorías superiores, pero a pesar diso, o Fisober competiu con garra ata o final, logrando un meritorio sexto posto. Nesta ocasión tivemos o pracer de […]

Pontedeume lanza o «Circuíto 3×3 Eume», unha aposta estival polo baloncesto urbano

O evento percorrerá catro venres de xullo e finalizará cunha gran cita en agosto. Haberá premios, concursos e actividades para todos os públicos. Pontedeume, xunto a Hoops 3×3, súmase este verán ao auxe do baloncesto 3×3 co lanzamento do Circuíto 3×3 Eume, unha competición aberta a xogadores e xogadoras da comarca que se disputará durante […]