O CB Costa Ártabra toma forma para a tempada 2026/27 cos seus primeiros movementos

O club ferrolán continúa dando pasos na planificación da tempada 2026/27. Tras presentar aos corpos técnicos dos seus equipos senior masculino e feminino, o club xa deu a coñecer o primeiro bloque de movementos, entre renovacións e fichaxes, confirmando a súa aposta pola continuidade, o talento da casa e a incorporación de xogadores e xogadoras […]

Doriño: «Temos que demostrar que podemos competir neste nivel»

O adestrador do Xallas FC afronta o salto de categoría con ilusión, ambición e os pés no chan. Doriño non fixa un posto como obxectivo, senón que aposta por un equipo que sexa máis constante, fiable e competitivo, que saiba sufrir nos momentos difíciles e que consiga que a afección da Fontenla se identifique co […]

Baio prepara unha nova xeración de árbitros para o fútbol da Costa

A Subdelegación da Costa da Real Federación Galega de Fútbol inicia en Baio un novo curso de formación para árbitros, unha oportunidade dirixida a todas aquelas persoas que queiran achegarse ao mundo da arbitraxe e, ao mesmo tempo, continuar vinculadas á práctica do fútbol. O curso dará comezo o 11 de setembro, ás 19:00 horas, […]

Sandra Martínez e Tayra Eke, protagonistas dun verán de éxitos coa selección española

As xogadoras do Baxi Ferrol continúan deixando a súa pegada nas seleccións nacionais e nas diferentes categorías internacionais. O último capítulo protagonízano Sandra Martínez e Tayra Eke, dúas das pezas novas do conxunto departamental, que están a vivir un verán cargado de éxitos coa selección española. Sandra Martínez proclamouse campioa de Europa coa selección española […]

Natalia Veiga: “O meu obxectivo principal, como o resto dos anos, é gozar do fútbol e, por suposto, dar o mellor de min día a día”

Natalia Veiga Aneiros (Ferrol, 2001) afronta unha nova tempada coma referente indiscutible de O Val. Será a súa cuarta campaña vestindo esta camiseta e a segunda na Terceira Federación, onde continúa resoando como un baluarte inesgotable da familia valexa, preparada para conquistar novos desafíos con corazón, coraxe e ambición infinita, deixando pegada en cada partido. […]

A Primeira Futgal xa ten calendario para unha nova tempada que promete emoción

A Primeira Futgal xa ten definido o seu camiño para a tempada 2026/27. A competición botará a andar o vindeiro 6 de setembro cunha primeira xornada que non podía chegar con máis alicientes, especialmente para os representantes de Ferrolterra e A Costa, que xa coñecen os seus primeiros rivais nunha campaña que se presenta cargada […]

A ilusión renóvase no Baxi Ferrol para seguir facendo historia en Europa

O equipo de Lino López afronta unha tempada apaixonante, marcada por unha profunda renovación do seu cadro de xogadoras e por un reto que volverá situar á cidade naval no escaparate continental ao competir, por terceiro ano consecutivo, na EuroCup Women. O Baxi Ferrol volve desafiar a lóxica. Cando o verán parecía debuxar un horizonte […]

O Valdetires aposta firmemente pola experiencia e a xuventude

O conxunto ferrolán continúa perfilando o seu proxecto deportivo coa vista posta na vindeira tempada. O club da cidade naval mantén unha intensa actividade nos despachos mentres agarda polo inicio oficial do curso, previsto, en principio, para as xornadas do 19 e 20 de setembro, segundo anunciou a Real Federación Española de Fútbol. Unha fin […]