Beltrán: “Temos que ir crecendo e gañando experiencia”

Un dos reforzos que chegaron no mercado estival ás filas do conxunto valdoviñés foi o do dianteiro Beltrán Teijeiro López (Valdoviño, 2005), un xogador que se formou nas categorías inferiores de O Val e que achega moita mobilidade no terreo de xogo, intensidade á hora de presionar aos rivais, con bos recursos técnicos dentro da área e que se asocia moi ben baixando ata o centro do campo para axudar na elaboración das xogadas.

Como te sentes no teu novo club?
A verdade é que estou moi a gusto, a moitos dos compañeiros xa os coñecía de xogar con eles en tempadas anteriores e o ambiente no vestiario é bo. Hai que ter en conta que, exceptuando un ou dous casos, para o resto de xogadores é a nosa primeira tempada no club, pero somos todos xóvenes e o feito de que a maioría xa nos coñecésemos de antes fai máis fácil a adaptación para todos.

Que esperas da tempada?
O obxectivo é a salvación. Como digo, somos un grupo moi xove e temos que ir crecendo e gañando experiencia pouco a pouco, pero sen deixar de competir en ningún momento.

Que rivais ves máis fortes?
Creo que o Numancia de Ares é o principal favorito ao ascenso. Logo creo que hai unha serie de equipos como o Galicia de Caranza ou o San Sadurniño que estarán arriba, pero na miña opinión haberá bastante igualdade, tanto por arriba como por abaixo.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas