Manu Pol: “Cada partido vai ser un gran reto”

Falar de elegancia dentro do terreo de xogo é falar do mediapunta de O Val, Manuel Pol García (Ferrol, 2000), un mago do balón formado nas canteiras do Racing e do conxunto valexo, e que disputou media tempada da 2022/23 no Mugardos, pero por motivos laborais terminou regresando ao club da súa vida.

Pol é un xogador cargado de recursos técnicos que che poden solucionar un partido filtrando un pase, como definir el mesmo pola súa gran capacidade goleadora.

Cal é a clave do bo inicio de tempada?
Creo que o noso bo inicio de tempada débese a que coñecemos algo mellor a categoría respecto ao ano pasado e esa experiencia, queiras ou non, faiche estar máis cómodo no campo e con máis seguridade. Tamén seguimos a maioría do bloque do ano pasado e coñecémonos, e sabemos que cada partido vai ser un gran reto se queremos conseguir a permanencia canto antes.

Con que xogador te identificas máis polo teu estilo de xogo e por que?
Sempre me gustou Kevin De Bruyne, pola súa calidade de asociarse cos demais xogadores, pola súa gran visión de xogo e pola súa facilidade en romper liñas cos seus pases, e identifícome bastante con el porque creo que esas facetas dánseme bastante ben.

Que aconsellarías aos canteiráns que queren seguir os teus pasos?
Que gocen do futbol, que xoguen con ilusión e con ganas e que, se queren chegar a algo, loiten por iso.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas