Carla Peña: “O equipo ten un estilo de xogo dinámico”

Unha das talentosas promesas de Ferrolterra é Carla Peña Bahamonde (Narón, 2005), que tras iniciarse no Baloncesto Narón na etapa de escola e primeiro ano de premini, xogou o resto da súa traxectoria no Baxi Ferrol, chegando a disputar minutos co primeiro equipo e fichando este verán polo BBCA para achegar o seu gran lanzamento exterior e o seu poderío no xogo interior.

Que che parece a categoría nacional?
Paréceme unha categoría moi competitiva e esixente, onde o nivel físico e táctico é alto. Creo que é unha oportunidade moi boa para seguir crecendo como xogadora, medirme con rivais de gran nivel e aprender de cada partido.

Como está a ser a túa adaptación ao estilo do BBCA?
A adaptación está a ser moi positiva. O equipo ten un estilo de xogo dinámico, con moita intensidade tanto en defensa como en ataque, e iso encaixa bastante coa miña forma de xogar. Ademais, as compañeiras e o corpo técnico axudáronme moito desde o primeiro día, o que fai que todo sexa máis fácil.

Que obxectivos persoais queres cumprir nesta nova etapa?
O meu principal obxectivo é seguir mellorando cada día, achegar o máximo ao equipo e consolidarme dentro da categoría. Tamén quero crecer en confianza, aprender das xogadoras con máis experiencia e gozar do proceso mentres damos o mellor en cada adestramento e partido.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas