O Clube Montaña Quixós, de Monforte de Lemos, se leva o triunfo na Copa Galega de Promoción de Slalom disputada en Dumbría

Acompañárono no podium o Club Tea de Mondariz Balneario o CDM Teixugos de Goian. O Campo de Slalom de O Couquiño acollía este fin de semán a Copa Galega de Promocion de Slalom, reservada a deportistas das categorías pre-benxamín, benxamín, alevín e infantil. 60 participantes pertencentes a clubes das catro provincias galegas acudiron á cita […]
654 nenos e nenas de catro a doce anos comezan o curso na Escola de Natación Infantil do Concello de Carballo

O luns comeza o curso nos centros educativos e tamén na Escola de Natación Infantil do Concello de Carballo, á que este ano asistirán un total de 654 nenos e nenas de catro a doce anos de idade, distribuídos en 68 grupos. Ao longo do curso realizaranse 2.864 sesións de 45 minutos de duración. A […]
O Concello de Narón recibiu ao kayakista naronés Martín López, campión do mundo junior e sub-23 da modalidade sprint de piragüismo

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu onte no Concello xunto co edil de Deportes, Ibán Santalla, ao kayakista naronés Martín López González, do club Náutico Firrete (Pontedeume) e que dende hai unhas semanas é campión do mundo junior e sub 23 da modalidade sprint, obtendo o título na proba individual de 5.000 metros. O […]
O Club Acuático Laracha – SAL foi vencedor no Campionato Galego infantil e cadete e subcampión no alevín

Esta pasada fin de semana celebráronse na Praia de Laxe os Campionatos Galegos de Salvamento e Socorrismo das categorías xuvenil – junior, alevín e infantil – cadete nos que o Club Acuático Laracha – SAL desprazou preto de 50 deportistas e conseguiu proclamarse Campión no infantil – cadete e Subcampión no alevín, conseguindo moi bos […]
CAMPIONATO GALEGO MÁSTER DE AUGAS PECHADAS: Resultados do Club SAL

O 25 de marzo tivo lugar o campionato galego Master de inverno de Salvamento e Socorrismo en Caldas de Reis, na piscina Antía García Silva. O club SAL rematou o campionato sendo o 3º mellor club de Galicia na modalidade masculina e 5º mellor club na clasificación xeral do campionato. O campionato organizouno o Club […]
CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO JUNIOR E ABSOLUTO DE SALVAMENTO E SOSORRISMO: Resultados do Club SAL

O 18 e 19 de marzo tivo lugar o campionato galego de inverno Júnior e Absoluto de Salvamento e Socorrismo en Ourense, na piscina Rosario Dueñas. O club SAL rematou o campionato sendo o 4º mellor club de Galicia do campionato. Sendo tamén 4º en categoría júnior e absoluto conxunta, feminina e masculina. A excepción […]
XXIX TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN: Participarán máis dun centenar de deportistas

A piscina do complexo Polideportivo municipal da Gándara acollerá este sábado, día 17, a vixésima novena edición do “Trofeo de Natación Cidade de Narón” e a décimo novena do “Memorial Javier Lago”. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, José Oreona, presentaron o evento acompañados polo presidente e a adestradora da Agrupación Deportiva […]
CONCELLO DA LARACHA: Recibimento aos campións

O alcalde recibe no Concello aos tres deportistas laracheses, Luis Negreira, Juan Martín Rodríguez e Lucía Añón, que obtiveron un total de 10 medallas nos Campionatos Nacionais por Comunidades Autónomas de Salvamento e Socorrismo. O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello, recibiron hoxe no Concello aos tres […]
XAN LAMAS SERRANO: Competirá no campionato de España de Apnea Outdoor

O deportista de Carballo, Xan Lamas Serrano, competirá esta fin de semana no campionato de España de Apnea Outdoor na illa de Lanzarote. Este deporte consiste en baixar a profundidades do mar só co aire dos pulmóns, sendo as mellores condicións do mar para realizar este evento nas illas Canarias e no Mediterráneo. O deportista […]
LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS: Liga Feminina

Gran campaña do CM Mugardos – A Cabana Ferrol. O Cabo da Cruz levou a Liga Feminina tras un gran final de tempada ao impoñerse ao CR Chapela – Wofco nunha campaña na que o CM Mugardos – A Cabana Ferrol tamén brillou e finalizou na terceira posición. As de Ferrolterra sumaron un total de […]