Tres medallas na Supercopa de España Júnior de Ourense

O pasado sábado día 12, a Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra desprazouse a Ourense para disputar a Supercopa de Ourense Júnior con catro judocas, dos cales tres volveron con medallas. Na categoría feminina, a judoca de Valdoviño Amelia Tenreiro, na súa primeira tempada como júnior, realizou unha gran competición, conseguindo unha meritoria medalla de bronce na […]
A VIII Challenge Junior Carballo reúne do 28 ao 30 de agosto a 120 ciclistas de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León

Carballo volverá converterse esta fin de semana nun dos grandes escenarios do ciclismo de base coa celebración da VIII Challenge Junior Carballo, organizada polo Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino e que reunirá entre o venres 28 e o domingo 30 de agosto a 120 ciclistas. O prazo de inscrición pechouse este martes cunha participación […]
O alcalde da Laracha recibiu a Pedro Vázquez Ramil, flamante campión de España absoluto en frame running

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello, recibiron oficialmente a Pedro Vázquez Ramil para felicitalo polo seu recente título de campión de España absoluto de atletismo para persoas con discapacidade na categoría T72 dos 100 metros de Frame Running, acadado no Campionato celebrado a finais do pasado […]
Daniel Pérez ofrece unha recepción oficial á delegación dos Xogos do Eixo Atlántico tras o seu éxito en Santiago

O salón de plenos do Concello de Carballo acolleu o luns á expedición de 60 deportistas infantís que representaron ao municipio nos Xogos do Eixo Atlántico, celebrados en Santiago de Compostela. O acto, cargado de recoñecemento, serviu para poñer en valor tanto os notables éxitos deportivos acadados como, sobre todo, os valores humanos amosados polos […]
Carballo participa nos Xogos do Eixo Atlántico cunha delegación de 60 mozos e mozas deportistas

O Concello de Carballo volve amosar o gran potencial da súa canteira deportiva coa participación nos Xogos do Eixo Atlántico, que nesta ocasión teñen a súa sede en Santiago de Compostela. Cun total de 60 atletas en idade infantil, a expedición carballesa viaxa co firme obxectivo de competir ao máximo nivel e, sobre todo, de compartir os […]
Fernando Macías xubilouse tras máis de trinta anos de servizo en Carballo Deporte

O servizo municipal de deportes despediu a un dos seus membros máis veteranos. Fernando Macías, traballador de Carballo Deporte dende o ano 1992, inicia unha nova etapa vital despois de tres décadas dedicadas á promoción da actividade física e da saúde do concello carballés. No acto de despedida acompañárono o alcalde de Carballo, Daniel Pérez; […]
Hugo López realizou un gran Campionato de Europa

Hugo López Pereira, da Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra, realizou un gran Campionato de Europa Cadete o pasado luns en Gran Canaria. O deportista naronés disputou o seu primeiro Campionato de Europa, representando a España na categoría de -50 kg. No campionato disputado no Gran Canaria Arena, Hugo López realizou unha gran competición, quedando a un […]
Aprazado o Día do Deporte na Rúa

Perante as elevadas temperaturas previstas para este domingo, con alerta vermella nivel 3, o Concello de Fene anuncia o aprazamento do Día do Deporte na Rúa. A xornada, que inclúe múltiples actividades deportivas e de lecer para todas as idades, adíase previsiblemente para o mes de setembro ao obxecto, segundo explicou a alcaldesa de Fene, […]
Víctor Domínguez Gesto: a precisión dun campión, o orgullo dunha comarca

Cando se fala dos grandes nomes do tiro deportivo galego, o nome de Víctor Manuel Domínguez Gesto ocupa un lugar de honra. O dumbriés construíu ao longo dos anos unha traxectoria exemplar, converténdose nun referente indiscutible para A Costa da Morte e nun dos tiradores máis respectados do panorama autonómico e estatal. Xunto ao seu […]
Bisbarra en xogo rematou a tempada entregando once galardóns xunto aos seus patrocinadores

A revista Bisbarra en Xogo celebrou unha nova edición dos seus tradicionais trofeos anuais, unha iniciativa que continúa poñendo en valor o talento deportivo da Costa da Morte e de Ferrolterra grazas á colaboración dos seus patrocinadores Ramacar Muros, Vinoteca Verxel, Cervecería d’Mara, Idm Pereira, Cristalbox, Lonxa D’Alvaro, Dispesán Café, Cafetería Monterrey, Escudo Tierra y […]