Carballo participa nos Xogos do Eixo Atlántico coa delegación máis numerosa

Xa están en marcha os Xogos do Eixo Atlántico, un evento transfronteirizo único en Europa que se celebra con periodicidade bianual e que ten como obxectivos a promoción do deporte, a convivencia entre a mocidade e tamén un mellor coñecemento entre cidadáns das dúas rexións. Nesta edición, que se celebra do 30 de xuño ao […]
A III BTT Concello de San Sadurniño deste domingo reunirá a 160 ciclistas

O Club MTB Biela e Chaveta e a Concellaría de Deportes téñeno todo practicamente listo para a proba en bicicleta todoterreo que percorrerá boa parte do noso municipio durante a mañá deste domingo 30 de xuño. Nestes días ultimouse o acondicionamento dalgúns puntos concretos, moi danados polas chuvias do inverno, e volveuse repasar o estado […]
Mercedarias e EDF gañaron a Liga Comarcal de judo de Ferrolterra

O pasado sábado 22 de xuño tivo lugar unha intensa xornada de judo no pavillón de Mercedarias. A xornada comezou coa clasificación intercentros da AD Judo Ferrolterra, onde máis de 100 judocas da comarca disputaron a clasificación e a última xornada, cos seguintes resultados finais: en categoría cadete impúxose Mario Tenreiro (Narón), seguido de David […]
Vencedores dos trofeos Bisbarra en xogo da tempada 2023/24

Gala Mestres, Rubén Orzáez, Noemi García, María Rial, Paula Fandiño, Mario Rodríguez, Iván Rojo e a SD Castriz, proclamáronse vencedores dos trofeos organizados por Bisbarra en xogo desta tempada 2023/24. Edición Ferrolterra II Trofeo máxima anotadora do Baxi Ferrol patrocinado por Fersay Vencedora: Gala Mestres con 395 puntos. II Trofeo máximo goleador de O Parrulo […]
Máis de medio cento de arqueiros participarán este domingo no “III Trofeo de fin de escolas” de tiro con arco ao aire libre

O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Anxo Grandal e Víctor Matesanz, vicepresidente e tesoureiro respectivamente do Club Arco Narón, o “III Trofeo de fin de escolas de tiro con arco” que se celebrará este domingo, día 16, no campo de fútbol de San Mateo. A convocatoria reunirá a partir das 9:30 […]
O Concello de Carballo e as catro seccións integradas en Xiria despedirán os actos do 40º aniversario da entidade cunha gran festa

No fértil (deportivamente falando) ano 1983 naceron en Carballo dúas entidades que nos teñen dado ben alegrías: Escola Lubiáns e Asociación Deportiva Xiria. Con Escola Lubiáns, que leva corenta anos promovendo a práctica do hóckey a patíns e, máis recentemente, a patinaxe artística, celebramos non hai moitas semanas un sinxelo acto de recoñecemento e agradecemento […]
June Moreno acadou o bronce na Copa de Europa junior de Málaga

A pasada fin de semana disputouse en Málaga a Copa de Europa Junior de Judo, na que June Moreno participou convocada pola Federación Española de Judo, e na que conseguiu un importante terceiro posto, que lle dá a clasificación para o Campionato Mundial e Campionato Europeo desta categoría junior. Foi unha competición moi rifada na […]
Santiago Sendón terceiro de España Militar

Esta pasada semana disputouse no pavillón da Armada (Batallóns) o Campionato de España Militar de Judo. Tivo lugar os días mércores e xoves, coa participación de equipos de todos os exércitos: Exército de Aire, Exército de Terra, Armada, UME, Garda Real e Garda Civil, disputándose o mércores a categoría individual e o xoves a competición […]
Cinco ouros no I Torneo de Judo Internacional de Santa Tegra

A Ad Judo Ferrolterra desprazouse ata terras da Garda para disputar o I Torneo Internacional de Santa Tegra, conseguindo uns excelentes resultados. En categoría infantil Hugo López e Lucía Soto quedaron campións en -42kg e -48 kg respectivamente, mentres que os seus compañeiros de club, Xoel Siso e Maro López, foron medalla de bronce e […]
Trofeos Bisbarra en xogo: resumo de abril 2024

Actualización do mes de abril dos trofeos de Bisbarra en xogo Edición Ferrolterra II Trofeo máxima anotadora do Baxi Ferrol patrocinado por Fersay Gañadora: Gala Mestres con 395 puntos. II Trofeo máximo goleador de O Parrulo patrocinado por Vifer 1º Rubén Orzáez: 14 goles. 2º Aitor: 12 goles. 3º Iván Rumbo e Keita: 11 goles. […]