Cristian Moreno: o canario elévase ao ceo carballés para expoñer o seu poderío aéreo

O zagueiro Cristian Moreno Mayor (Las Palmas, 1995), aterraba este verán no conxunto carballés para apontoar a liña defensiva e moi pronto se gañou ao vestiario, converténdose nun dos principais líderes pola súa capacidade de liderado e o comunicativo que é, dando instrucións aos seus compañeiros á hora de organizar á defensa.

Entre outras das súas calidades, o canario tamén destaca por ser un xogador rápido, impoñente no xogo aéreo, cunha saída limpa do balón, amante do fútbol de toque e inimigo acérrimo de rifar a pelota cando a situación non o require.

Cristian Moreno chegou no mercado estival procedente doutro conxunto galego da Segunda Federación como é o Ourense CF, co que callou unha boa tempada a pesar de sufrir unha escordadura de nocello e unha operación de menisco. Durante a pretemporada co equipo carballés, superou unhas molestias no xeonllo e adaptouse rapidamente aos novos esquemas e sistemas dun Jorge Cuesta que confía plenamente nel, acumulando un total de 2112 minutos sobre o terreo de xogo. Ademais do conxunto ourensán, ten unha traxectoria profesional dilatada, pasando por equipos de entidade como o Atlético Malagueño, Valladolid “B”, Vitoria, Gimnástica, El Ejido, Avilés e Pulpileño.

A tempada de Cristian Moreno no Bergan está a ser espectacular, non só polo seu gran despregamento defensivo, senón por algo que sorprendeu a todos, a súa facilidade para ver portería, logrando nesta campaña o seu mellor rexistro goleador como profesional, sumando sete tantos que lle fixeron sementar o terror ás defensas rivais nas xogadas a balón parado e a manter unha bonita loita polo pichichi do equipo co seu compañeiro Antañón. Ten un salto e unha capacidade de desmarque para aproveitar os bloqueos dos compañeiros que lembran a Sergio Ramos ou Piqué. O canario anotou o seu primeiro tanto, sen contar o amigable de pretemporada co Somozas, ante o Numancia, ao que seguiron outras seis vítimas como son o Langreo, o Escobedo, o Fabril, o Guijuelo, o Laredo e o Ávila.

Foto: Bergantiños FC

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras