Pablo Rodríguez: “Temos que seguir traballando”

O lateral esquerdo Pablo Rodríguez Rubial (Ponferrada, 1996), chegou ao Paiosaco fai dez tempadas procedente do conxunto coruñés do Victoria.

É un xogador rápido, deses míticos carrileiros de outrora que son sólidos en tarefas defensivas, pero que teñen un perfil moi ofensivo e convértense nun puñal pola banda para os seus rivais e que chegan con facilidade ao área contraria, e ademais, o ponferradino destaca pola súa facilidade para atoparse co gol. Pero non só as súas habilidades futbolísticas son as súas principais armas como xogador, xa que reúne outras calidades como o disciplinado e traballador que é, o que fixo que o seu técnico Diego Armando, ou anteriormente Juan Riveiro, confíen plenamente nel como un dos seus indispensables no persoal.

A tempada do Paiosaco non está a ser sinxela tras descender o ano pasado despois de estar dúas tempadas consecutivas en Terceira, algo que non pasou desapercibido para Pablo Rodríguez, comentando que “desde o principio non están a saír as cousas como queriamos, está a ser un ano difícil”, aínda que alente aos seus a non baixar os brazos alegando que “temos que seguir traballando para os partidos que quedan ata o final”.

Ademais de xogar, tamén dirixe aos pequenos da canteira “desde hai varios anos”, algo que sempre motiva a Pablo Rodríguez, xa que “me gusta bastante e pásoo moi ben cos rapaces”. O importante para el é que os seus pupilos “gocen e páseno ben”, inculcando valores como “o esforzo e que aprendan a competir, sempre con respecto e disciplina”.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde