O equipo masculino do Fisober FS, dirixido por Dani Costa, inicia a súa andaina na Preferente Futgal despois de conseguir o ascenso, con un plantel moi semellante ao da pasada campaña.
A filosofía do club, baseada en promover xogadores da canteira, segue sendo clave, e os xogadores xuvenís que xa formaban parte do cadete de División de Honra serán protagonistas. O equipo tamén se reforzou con Vicente, Tomás e Champi, que suplen as baixas de Víctor e Catalán por motivos laborais.
O obxectivo principal é manter a categoría, co foco en aprender e seguir crecendo. Dani Costa é optimista, confiando no nivel dos seus xogadores para competir e asegurar a permanencia, coa vista posta en seguir mellorando e, nun futuro, competir a nivel galego ou nacional.