O Concello de Carballo inviste máis de 1 millón de euros na mellora dos complexos deportivos As Eiroas e O Carral

O Concello de Carballo ten en marcha dúas grandes obras noutras tantas instalacións deportivas municipais, nas que estamos a realizar un investimento que supera o millón de euros.

O alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Obras e Contratación, Luis Lamas e Ramón Varela, visitaron as actuacións en marcha no complexo deportivo das Eiroas e no campo de fútbol do Carral.

Por unha banda, no complexo deportivo das Eiroas avanza a construción do terceiro campo de céspede artificial, que pretende satisfacer a elevada demanda existente. As obras permitirán habilitar un novo campo de fútbol 8, que quedará unido aos existentes para poder aproveitar os edificios e servizos cos que conta o complexo.

Dentro do mesmo proxecto incluíuse a substitución do céspede do campo de fútbol principal, que sufría un gran desgaste debido ao gran uso que ten, e porque ademais, segundo as bases reguladoras de normas de competición da Segunda RFEF, na que xoga o Bergantiños esta tempada, os partidos deben disputarse “nun terreo de xogo de herba natural ou artificial de última xeración, cunha antigüidade máxima de oito anos”, que son os que tiña o céspede das Eiroas. Tamén se realizou a substitución do céspede no campo anexo. Deste xeito, os tres campos do complexo deportivo estarán nas mellores condicións para a práctica deportiva e adaptaranse á normativa da Federación de Fútbol. O investimento total achégase aos 800.000 euros.

Tamén está en obras o campo de fútbol do Carral, en Sofán. O proxecto non afecta ao terreo de xogo, no que se renovou o céspede no ano 2018, senón que neste caso consiste na construción dun novo graderío, con máis capacidade e espazos anexos debaixo, en concreto zonas de lavandería e ximnasio. Tamén se constrúe un soto, que polo momento queda sen acondicionar. O investimento acada os 300.000 euros.

A maiores, no pavillón polideportivo Carballo Calero realizouse un investimento próximo aos 300.000 euros que permitiu cambiar o pavimento de toda a superficie e a instalación dunha valla en todo o perímetro. O pavillón dispón desde o comezo da tempada dun novo pavimento deportivo válido para adestramento e competición de baloncesto, fútbol sala, balonmán, bádminton ou voleibol, así coma para deportes sobre rodas, como patinaxe artística ou hóckey. Precisamente, para a práctica deste deporte, instalouse unha valla de protección fixa agás nun dos laterais, que conta cun sistema hidráulico que permite levantala e baixala segundo as necesidades.

Info e foto: Concello de Carballo

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,