Desprazábase o Costa Artabra a Foz con oito baixas, ás xa recorrentes de Brais e Alex Pita por lesións de longa duración e a de Mario por motivos laborais, e sumábanse Isma, Pelayo, Jorge, Coira e Nico ao longo da semana, con molestias físicas de distinto alcance, polo que o equipo departamental desprazábase só con 10 xogadores, tres deles juniors de primeiro ano, acadando a vitoria ante o Celtas Foz por 69-72.
Empezou o partido moi enchufado o equipo de Foz con tres triplos consecutivos e un BBCA con dificultades para defender estas situacións, aos poucos o Celtas vai ampliando a súa vantaxe, ata chegar ao final do primeiro cuarto 22-15.
O segundo cuarto empezou coa mesma tónica un Celtas moi cómodo levado polo aire pola súa afección, que case encheu o Pavillón Municipal Torques de Marzán, publico moi bullicioso e dunha excelsa corrección, que acirraba ao seu equipo incansablemente, os departamentais conseguen ir entrando no partido moito mais eficientemente e endosan un 19-22 neste cuarto para chegar ao descanso 41-37 con todo aberto para a segunda parte.
Tras o paso polo vestiario, o BBCA sae enchufadísimo en defensa, axustando moito mellor as liñas de pase e con máis presión sobre o balón, impedindo tiros cómodos e pechando moito mellor o rebote, a pesar de non ter moito acerto en ataque, se toman o control total do partido, o 6-14 do cuarto pon ao BBCA por diante no marcador, chegando ao final do terceiro cuarto 47-51.
O último cuarto foi un combate de poder a poder entre as dúas escuadras, co BBCA sempre por diante no marcador, ata que un triplo de Celtas a 39 segundos do final, poñía un arriba aos locais, unha mellor e mais acertada xestión por parte do BBCA deses segundos finais, cunha canastra de 2 e dous tiros libres anotados deixaban o 69-72 final e unha vitoria de moito mérito para os ferroláns.
Xogaron e anotaron polo Costa Ártabra David Gómez (11), Unai (0), Rivas (19), Fuertes (11) e Diatta (8) – cinco inicial- André (5), Pevi (2), Sande (3), David González (9), Adrián (4)
Info e foto: BBCA




