Érika González: “Vexo ao equipo con moitas ganas e ilusión”

A lateral do Bergantiños, Érika González Guillín (A Laracha, 2006), é un muro difícil de sobrepasar pola súa garra, a súa intelixencia á hora de anticiparse ás rivais e que xunto á súa velocidade, a boa saída co balón xogado e a precisión nos centros, convértena nun auténtico puñal pola banda para os equipos contrarios.

A larachesa comezou no Paiosaco, para posteriormente dar o salto ao Victoria coruñés, onde xogou na categoría de cadetes e no filial, ata dar o salto ao equipo carballés, sendo esta a súa terceira tempada.

Como foi a túa experiencia na Nacional?
Para min foi unha experiencia moi ilusionante. Aínda que tivemos unha tempada dura, sentinme orgullosa de todo o traballo que fixen e de como souben superar os momentos complicados. Gústame esixirme sempre un pouco máis, e a Nacional axudoume a crecer como xogadora e a non conformarme, sempre con traballo e gañas de mellorar cada día.

Que che parece o novo formato da competición?
Sinto que co novo formato pérdese un poco de nivel, porque non temos a oportunidade de competir fóra de Galicia e iso sempre axuda a crecer. A min gústame enfrontarme a equipos diferentes e poñerme a proba. De todos modos, sigo confiando en que tenemos un bo equipo e que podemos aspirar alto neste novo formato.

Como ves o nivel do equipo este ano?
Vexo ao equipo con moitas ganas e ilusión, creo que temos un bo grupo, comprometido e con talento. Penso que o traballo que estamos facendo vaise ver reflectido nos resultados. A clave vai ser a forza colectiva.

Foto: Bergantiños FC

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas