O mellor do fútbol alevín darase cita en As Eiroas da man do XVI Torneo Internacional Concello Carballo.
Despois de dous anos sen poder celebralo, as Escolas Luís Calvo Sanz recuperan o seu torneo máis internacional, no que se darán cita os mellores equipos de Galicia, así como clubs nacionais e internacionais. A décimo sexta edición celebrarase na fin de semana do 18 e 19 de xuño.
O Torneo Internacional Alevín Concello de Carballo volverá encher do mellor fútbol ao Estadio Municipal de As Eiroas, no seu décimo sexta edición. Un torneo de todos e para todos que se consolida ano tras ano no fútbol basee nacional e internacional, que só se viu interrompido pola pandemia sanitaria que impediron celebralo durante dous anos. Agora as Escolas Luis Calvo Sanz recuperan o seu torneo no que se darán cita os mellores equipos de Galicia, así como tamén participarán clubs nacionais e internacionais. O XVI Torneo Internacional Alevín Concello de Carballo terá lugar a próxima fin de semana do 18 e 19 de xuño.
Nesta nova edición son 8 os equipos participantes: RC Deportivo, RC Celta, Pabellón Ourense, CD Lugo, Selección da Costa Alevín, Sporting de Gijón, Academie Caiman FC (Senegal) e EF Luis Calvo Sanz como anfitrión.
A HISTORIA DO TORNEO INTERNACIONAL CONCELLO DE CARBALLO
O Torneo Internacional de Fútbol Alevín nace como consecuencia da aventura e experiencia vividas polas Escolas Luís Calvo Sanz coa creación de torneos locais e comarcais desde o ano 2000. A partir do ano 2005 nace, non só como un evento deportivo máis, senón que pretende ir máis aló e aglutinar a contorna á práctica do fútbol, que se converte así en eixo motor, e o mundo da cultura, fomentando o espírito de cooperación e convivencia entre as xentes de distintos pobos e culturas. Tres días de diversión e competición coa participación de 9equipos, con máis de 150 xogadores, que se enfrontan en formato “liguiña”. O sistema de competición caracterízase por ser novo ao xogar en formato de liga, a unha soa volta, entre todos os participantes. Os 4primeiros pasan ás semifinais polo título, entre o 59 e 89 xogan as semifinais de consolación quedando eliminado o 99 posto.
O TORNEO MÁIS INTERNACIONAL EN AS EIROAS
A importancia do Torneo fixo que haxan participado equipos como: Promesasen o seu día e grandes xogadores hoxe, pasaron por As Eiroas, así como directivas, corpos técnicos e adestradores que, en moitos casos, son auténticas lendas no mundo futbolístico e que puxeron o broche de honra ao evento. O Torneo converteuse así nun acontecemento de especial importancia para todo un pobo, Carballo, pero tamén para toda a comarca de Bergantiños e Costa da Morte, que espera, ansiosa, a presentación do acontecemento deportivo estival que lles fará gozar do bo fútbol, en cantidade e calidade, nun ambiente acolledor e distendido que ofrece o pobo de Carballo.
ESCOLAS LUIS CALVO SANZ
As Escolas de fútbol que preside Chicha Calvo, creáronse no ano 2001. Luciano Calvo Pumpido como presidente, e, José Ramón Torres Pichel como director, foron os fundadores desta institución deportiva que pretendía fomentar o fútbol basee e os seus valores deportivos en Carballo, comarca de Bergantiños, Costa da Morte e zonas de influencia da Coruña e Mariñas. Tras a consolidación da estrutura, desde os 4 anos ata a categoría de veteranos, no ano 2016, créase a sección feminina coa participación de nenas en categorías basee e sénior.
Son moitas as actividades que se desenvolven para promover este deporte en Carballo e o seu ámbito de influencia: Torneo Internacional Alevín Concello de Carballo, Torneo Fútbol 11 Alevín Conservas Calvo, Torneo Benxamín 1 er Ano Conservas Calvo, Torneo Prebenxamín 1 er Ano Conservas Calvo, Concentración de Biberóns Conservas Calvo, Campus TEC de Tecnificación, Campus TEC de Tecnificación Feminino, TEC Departamento de Tecnificación.
Na actualidade, a estrutura conta con 29 equipos, (2, biberón; 3 prebenjamín; 4 benjamín; 5 alevín; 1 promesas feminino; 1 feminino fútbol 7; 4 infantil; 4 cadete; 2 xuvenil; sénior masculino; sénior feminino e veteranos), dirixidos por máis de 40 técnicos titulados, sumando máis de 520 licenzas, sendo un dos referentes de Galicia.
BERGANTIÑOS FC
O Bergantiños FC é o club decano do fútbol federado na comarca de Bergantiños. O club rojillo foi fundado en Carballo no ano 1923, e conta cunha ampla traxectoria deportiva e unha importante canteira da que saíron destacados futbolistas e adestradores. A súa historia e evolución fan que este club case centenario, sexa considerado un equipo referente tanto na comarca de Bergantiños como da Costa da Morte.
O Bergantiños FC militou na 2ª división B nas tempadas 87/88 e 88/89. No seu palmarés figuran dúas Copas Galicia (68/69 e 84/85) e un campionato de 3ª división (93/94), destacando tamén varias participacións na Copa do Rey. Na tempada 20/21 foi campión o subgrupo de 3ª División a alcanzou nesta mesma campaña o ascenso á nova 2ª RFEF.
Na actualidade, o Bergantiños FC compite na liga de 2ª RFEF en Grupo 1 e está dirixido polo adestrador José Luis Lemos Ameneiro.