UD PAIOSACO: O alcalde recibiu ao equipo polo seu ascenso a 3ª RFEF

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, recibiu esta tarde no Concello á directiva, equipo técnico e cadro de xogadores da UD Paiosaco en recoñecemento ao seu ascenso a 3ª RFEF.

O rexedor municipal puxo en valor “o momento doce que vive a entidade nos últimos anos”, que deportivamente están a ser os mellores en toda a historia do club, fundado no ano 1961 e que é o decano do Concello da Laracha. Este é o segundo ascenso a categoría nacional e a próxima campaña será a cuarta que a UD Paiosaco xogará na Terceira División.

Tamén destacou o alcalde o traballo que se está a facer na canteira, xa que a UD Paiosaco conta cun total de quince equipos e máis de trescentas fichas desde a categoría biberóns ata a de veteranos.

López Varela concluíu afirmando que “é un orgullo colaborar desde o Concello co club cedendo infraestruturas municipais, subvencionando a súa actividade e tamén apoiando todas as iniciativas que organiza a entidade”.

O acto finalizou coa entrega por parte do alcalde ao presidente -Carlos García-, adestrador -Diego Armando García- e capitán -Adrián Rama- dunha figura de Sargadelos cunha gravación que conmemora esta data.

Información: Concello da Laracha

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia