Isaac Fábregas: “Sería un gran orgullo para min que a xente me lembrase”

O Fisterra ten entre as súas filas a un dos dianteiros máis letais da tempada como é Isaac Fábregas Trillo (Fisterra, 2001), xogador da casa que leva case toda a súa vida no seu amado club excepto unha tempada no Calasanz e un par no Cee.

Destaca por ser un xogador difícil de marcar pola súa mobilidade, capaz de xerar o espazo suficiente para armar a perna con rapidez e converter goles en situacións sen perigo, ademais de ser un bo rematador de primeiras, habilidades que lle levaron a disputarse o pichichi a estas alturas co seu bo amigo, o tamén fisterrán Diego Estévez que milita no Dumbría.

Se algo caracteriza a Fisterra é por ser berce de grandes goleadores, xa que a hemeroteca tróuxonos artilleiros lendarios como José Manuel Traba, segundo máximo goleador da historia do Dépor, e outras grandes figuras como Maní, Isidro e o gran capitán e aínda en activo, Adri “Makaay”. Pero cal é a clave de que saian tantos goleadores? Isaac desvélanos o secredo: “en Fisterra sempre se dixo que había moi bos futbolistas, pero eu creo que a clave son as ganas, a garra, a paixón por defender a camiseta e levar o nome de Fisterra ao grande”.

Para Isaac, deixar pegada no fútbol fisterrán sería algo que “me encantaría, xa que sería un gran orgullo para min que a xente me lembrase. Ademais, xunto a un dos meus mellores amigos, Diego, sería incrible, a verdade”.

Foto: JParri

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras