Esta proba combina deporte, natureza e a historia dos fuxidos da posguerra que se agochan no monte Castelo.
O vindeiro domingo 11 de decembro, en Baio, terá lugar o IV Trail dos Foucellas cas distancias: 27 km (comezo ás 9:30), 14 e 7 km (comezo ás 10:30). Haberá tamén diferentes distancias para categorías inferiores: 2,6 km para infantís e alevíns (2009-2012) e 1,3 km para benxamín ( 2013-2014) ás 11.00 horas.
Esta proba combina deporte, natureza e a historia dos fuxidos da posguerra que se agochan no monte Castelo; recréase con actores que interpretan a perseguidos e a persiguidores con gardas civís -algúns deles a cabalo- e Foucellas polo monte, que lle dan un punto de espectáculo a este Trail.
O medio nutural no que se desenvolve é o Monte Castelo e a Corte da Cabras, as fermosas paraxes á beira do río Porto, como son Pedra Vixía e a Carballeira de Baio. Na propia carballeira, que acaba de ser nomeada no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, con árbores de máis de 150 anos de vida, é desde onde se dá a saída e tamén onde está a meta, así como onde se fai a entrega de premios ás 13.30 h. e o aperitivo final dos callos.
A proba está organizada por Tabeirón Deportivo, coa colaboración do Concello de Zas e a Deputación da Coruña.
Info e imaxe: Tabeirón Deportivo Baio