O central Enrique “Kike” Vidal Blanco (Boiro, 2002) converteuse no xefe da zaga somocense pola súa intensidade e solidez defensiva, contando cunha traxectoria que comezou nas bases do Abanqueiro, Cabo de Cruz e Santiago, para logo ir aos xuvenís do Boiro, xogando tamén co primeiro equipo, e do Calasanz, e dar o salto ao Sigüeiro e ao Compos.
Que che parece o ambiente que se respira no Somozas?
A verdade é que somos un grupo súper san, desde o primeiro momento o ambiente, tanto en entrenos como en días de partido, é moi bo. Axudámonos moito os uns aos outros. Desde o club tamén nos brindan todas as facilidades para que a dinámica do día a día sexa moi boa, desde as instalacións ata o traballo de directivos, utilleros e delegados.
Que diferenza hai no traballo defensivo con respecto a outros clubs?
O míster este ano insiste moito na recuperación rápida do balón, cando ao mellor noutros clubs esperabamos algo máis atrasados. Creo que esa forma de defender benefícianos para poder explotar as nosas virtudes co balón.
Como vive un central os partidos desde a retagarda?
A visión que nos permite a nosa posición obríganos, en certo xeito, a organizar aos xogadores que temos por diante para que a presión sexa efectiva. Ademais, somos conscientes de que defensivamente temos que ser moi sólidos, xa que calquera mínimo erro podería causar un gol en contra.
Foto: sadmoody241




