Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras o seu paso polo Somozas, cumpre a súa segunda campaña no equipo mugardés.

Destaca pola súa fortaleza, intensidade, boa saída do balón e polo gran apoio que brinda aos defensores, anotando o único gol da súa conta particular nesta tempada ante o Paiosaco.

Que opinas do nivel dos equipos esta tempada?
En canto ao nivel dos equipos, creo que baixou un pouco respecto a anos anteriores, aínda que segue na mesma liña de igualdade e iso reflíctese tanto na parte alta da táboa como na parte baixa.

O equipo está a mostrar a súa mellor versión no tramo final da tempada. Cal é a clave desta melloría?
A clave é a confianza. O equipo deu un paso adiante este último terzo da competición, encadeando boas sensacións e sobre todo bos resultados.

Que adversario cho puxo máis difícil?
O Montañeros, sen ningunha dúbida. A clasificación reflicte unha tempada practicamente perfecta e máis pronto que tarde será equipo de Terceira.

Que momento destacarías da túa carreira deportiva?
Teño que destacar a chegada a Mugardos a campaña pasada despois dun ano moi complicado. Atopeime moi cómodo desde o minuto un, tanto co vestiario como coa xente do club, e foi unha das miñas mellores tempadas.

Foto: Sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras