Luis Meza: “Os amigos que fixen aquí non os vou a atopar noutro lugar”

O Intasa San Sadurniño, que finalizou a tempada como quinto na Superliga 2, conta entre as súas filas cun referente do voleibol como é o central Luis Fernando Meza Julio (Cartagena – Bolívar, 1997), coñecido como Luis Meza, que cumpre a súa terceira tempada no conxunto sadurniñense tras unha traxectoria no Extremadura Grupo Laura Otero, CV San Roque Batán, Partizani e as seleccións de Bolívar e Colombia.

Como foron os teus inicios no voleibol?
Empecei a xogar con 15 anos. Levoume a xogar unha amiga chamada Melissa Montero, levoume a probar sorte na Selección Bolívar, foi moi raro todo porque non sabía nada deste deporte.

Chegaches ao Intasa San Sadurniño fai tres tempadas. Como foi ese momento?
Coñecía o equipo antes de chegar. Un moi bo amigo chamado Marlon Mendoza xa pasara por aquí. Ese momento foi de moita alegría, que un equipo como este e con toda a historia que ten se fixase en min deume moita alegría.

Como viches ao equipo esta tempada?
Esta tempada non a describín como mala, creo que foi un pouco complicada e se miramos detidamente, dámonos conta das baixas que sufrimos. Baixas que son moi importantes como a de Marcos Blanco, Lucas, Jaime e a falta de Manolito.

Que momento da túa carreira deportiva destacarías máis?
Teño moitos momentos na miña carreira que destacaría e que me gustaría volver vivir, máis aló das vitorias e trofeos. Gustaríame resaltar o nome do meu equipo actual, os amigos que fixen aquí non os vou a atopar noutro lugar. Quedo con isto.

Como é un día na vida de Luis Meza?
Nas mañás levántome, vou ao ximnasio, logo prepárome a comida e alístome para ir cos nenos ao adestramento desde as 15:30 ata as 17:00 e logo diso meriendo e prepárome para adestrar cos meus compañeiros desde as 20:00 ata as 22:00.

Foto: Sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas