MANEL MARTÍNEZ: O catalán chegou ao conxunto ferrolán para achegar máis capacidade ofensiva e física

José Manuel Martínez Bel (1992, Cabrera de Mar), coñecido como Manel Martínez, chegou ao Racing Club Ferrol a finais de xaneiro co obxectivo de incrementar a capacidade ofensiva e no plano físico ao conxunto ferrolán.

Manel Martínez é un dianteiro que domina o xogo de costas á portería, aproveita ben os espazos e unha das súas especialidades é o xogo aéreo. É un xogador que tamén se adapta ben como única punta ou cun acompañante no ataque.

O novo xogador do Racing formouse nas categorías inferiores de clubs cataláns como La Salle Premià de Mar, CF Damm, UE Cornellá e CD Masnou, e posteriormente estivo en clubs como o VCU Rams, CE Sabadell, Girona FC, UE Llagostera, Lorca FC, CF Peralda, Real Murcia CF, Marbella FC, Atlético Baleares e FK Surkhon Termez de Uzbekistán, antes de recalar no Racing Club Ferrol.

Un xogador cunha ampla experiencia e que chegou para sumarse a Manu Justo, Joselu e Padilla como punta do ataque ferrolán, levando ata a data 38 minutos disputados (20 ante o Ceuta, 10 ante a Cultural Leonesa e 8 ante o Linares Deportivo).

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),