O equipo confirma o seu liderado autonómico con dous ouros, cinco pratas e unha sólida presenza nas finais tras asinar unha actuación sobresaínte no Campionato Galego Junior, Xuvenil e Absoluto de Praia, celebrado na praia do Orzán (A Coruña) os días 20, 21 e 22 de xuño, consolidándose como entidade referente na formación de socorristas mozos e na promoción da igualdade.
CLASIFICACIÓNS XERAIS POR EQUIPOS
O club destacou na clasificación xeral, situándose entre os mellores equipos galegos:
Xuvenil Feminina: 4º posto.
Xuvenil Masculina: 8º posto.
Xuvenil Conxunta: 4º posto.
Junior Feminina: 5º posto.
Junior Masculina: 7º posto.
Junior Conxunta: 5º posto.
Absoluta Feminina: 4º posto.
Absoluta Masculina: 5º posto.
Absoluta Conxunta: 5º posto.
MEDALLAS DE OURO E PRATA
No plano individual e de relevos, os deportistas do club subiron ao podio en múltiples ocasións, acadando as seguintes medallas:
Ouros
Sprint Xuvenil Feminina: Iria Barreiro (1ª).
Bandeiras Praia Xuvenil Feminina: Iria Barreiro (1ª).
Pratas
Carreira con Táboa Xuvenil Feminina: Iria Barreiro (2ª).
Sprint Absoluto Feminina: Iria Barreiro (2ª).
Relevo Rescate Tubo Júnior Feminino: Sofía, Iria, Gabriela, Lucía (2ª).
Relevo Sprint Absoluto Feminino: Iria, Shaila, Gabriela, Lucía (2ª).
Relevo Sprint Absoluto Masculino: Sergio, Luis, David, Pablo (2º).
Bandeiras Praia Absoluto Feminina: Shaila Rodríguez (2ª).
BRONCES E FINALISTAS
A colleita de metais complétase con varios bronces e unha destacada presenza nos postos de finalista:
Bronces
Nadar Surf Júnior Feminina: Lucía Añón (3ª).
Relevo Ocean Júnior Feminino: Sofía, Iria, Gabriela, Lucía (3ª).
Relevo Rescate Tubo Absoluto Feminino: Lucía, Iria, Gabriela, Shaila (3ª).
Relevo Rescate Tubo Absoluto Masculino: Sergio, David, Cristóbal, Pablo (3º).
Bandeiras Praia Absoluto Feminina: Iria Barreiro (3ª).
Finalistas (postos 4º e 5º)
SKI Xuvenil Feminina: Gabriela Paulos (4ª).
Carreira con Táboa Júnior Feminina: Lucía Añón (4ª).
Relevo Rescate con Táboa Xuvenil Feminino: Iria, Gabriela (4ª).
Relevo Rescate con Táboa Júnior Masculino: Juan Martín, Luis (4º).
Relevo Rescate con Táboa Júnior Feminina: Sofía, Lucía (5ª).
Nadar Surf Xuvenil Feminina: Gabriela Paulos (5ª).
Ocean Xuvenil Feminina: Gabriela Paulos (5ª).
Relevo Ocean Júnior Mixto: Iria, Martín, Luis, Lucía (5º).
Nadar Surf Absoluto Masculina: Sergio Campos (5º).
Relevo Ocean Absoluto Mixto: Iria, David, Sergio, Lucía (5º).
COMPROMISO, IGUALDADE E EXCELENCIA
O Club Laracha, fiel á súa misión e valores institucionais, demostrou que a formación integral dos seus socorristas vai máis alá dos resultados deportivos, apostando pola igualdade de xénero, a inclusión e a excelencia nun deporte que salva vidas. O éxito no Orzán é froito do traballo en equipo, da dedicación e do compromiso de toda a entidade, desde deportistas e técnicos ata familias e voluntariado, consolidando a Laracha como unha referencia galega no salvamento e socorrismo.
Foto: Salvamento Acuático Laracha