O Paiosaco SD foi o campión da 38ª edición do Torneo Concello da Laracha de peñas de fútbol

A edición número 38 do campionato de peñas de fútbol “Concello da Laracha” xa ten gañador despois de que Paiosaco SD se impuxese na gran final a San Román Veteranos por 2-1 na noite do pasado mércores no campo Municipal da Laracha.

Paiosaco SD baseou o seu triunfo na presión intensa que foron capaces de exercer durante a primeira metade, na que desactivaron o xogo combinativo de San Román Veteranos. Antes do descanso, o equipo da parroquia de Lestón xa vencía por 2-0 grazas aos tantos de Collazo, cun disparo desde fóra da área, e de Chucho, que superou ao porteiro rival na súa saída.

Na segunda metade o Paiosaco S.D. viuse prexudicado polas lesións de varios dos seus xogadores, reducindo a súa presenza en ataque e centrando o xogo en tarefas defensivas. San Román Veteranos trataron de impoñerse controlando a parcela central, pero con dificultade para xerar ocasións de gol. Aínda así, Mario estrelou un balón na madeira e nos minutos finais Musak marcou o 2-1 para os da parroquia de Cabovilaño que finalmente sería insuficiente.

A entrega dos trofeos do 38º Campionato de Peñas “Concello da Laracha” foi a cargo do tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e da edil de Deportes, Patricia Bello, a Otero por parte dos campións e a Javier Amorrortu polos subcampións.

PAIOSACO SD 2-1 SAN ROMÁN VETERANOS

Goles: Primeira parte: 1-0 (Collazo), 2-0 (Chucho). Segunda parte: 2-1 (Musak)

PAIOSACO SD:

Equipo inicial: Serrano; David, Breogán, Dubra, Edu; Bruno, Otero, Bolón, Diego; Killo e Collazo.
Tamén xogaron: Manu, Chucho, Abel, Muro, Cachizo, Richo, Domingo, Beizana, Dani, Yoryo, Carlos e Adrián Rey.
Adestrador: Jorge Coello.

SAN ROMÁN VETERANOS:

Equipo inicial: Añón; Jose Baña, Martín, Pedro, Bechi; Diego, Tonecho, Carlos Cotelo, Albertiño; José Suizo e Víctor.
Tamén xogaron: Maki, Carlos Varela, Isaac, Brais, Mario, Musak, Javier Amorrortu, Dubra, José Ramón, Alberto, Ismael e Óscar.
Adestradores: Sebas e Manolo “O Leiteiro”.

Info e foto: Concello da Laracha

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde