Olalla Antelo: «A Copa da Costa deste ano foi algo incrible»

Falamos coa máxima goleadora do Xallas FC, que vén de proclamarse campión da Copa da Costa Feminina, para coñecer as súas impresión sobre o momento actual do conxunto xalleiro adestrado por Rupper e Eloy.

Que valoración fas do éxito conseguido na Copa da Costa?

A Copa da Costa este ano foi incrible, xa polo feito de que eramos 14 equipos e había moito mais nivel, daban mais ganas de xogala e de pelexar por conseguila. Tivemos a mala sorte de que tocounos xogar contra o Cee en Oitavos de Final, que para nos foi como unha final anticipada, xa que os dous equipos éramos os favoritos para gañar a Copa. Tamén tivemos o punto a favor de xogar ese partido na casa coa nosa afección, que sempre anima moito. En Cuartos de Final xogamos en Mazaricos, en Semifinais en Corme, os dous equipos xogando como locais puxéronnos as cousas moi difíciles. Xa na final ante o Dumbría tiñamos claro que non sería fácil, xa que elas saben xogar e teñen moi boas calidades tacticamente, aínda que non se viran reflectidas na final. Foi un partido bastante limpo onde os dous equipos intentamos xogar bastante. Creo que falo por todas de que a gran final a vivimos con nervios e moita emoción, xa que tanto a final como as eliminatorias ao ser a partido único convertéronse nun reto moi bonito. Unha vez que gañamos a Copa da Costa foi un momento moi emotivo, moi feliz, inigualable, celebrando o título tanto coa nosa afección mais fiel, así como coas xogadoras que comezaron no proxecto do Xallas feminino e que por diversas razóns non puideron continuar, foi un momento que quedará na memoria de todas para sempre.

Como viches o nivel da Segunda División Galega?

Este ano a Segunda División Galega foi unha liga moi disputada, onde tanto podías perder co último clasificado, como podías gañarlle ao líder. Non houbo partidos fáciles, fora da casa custounos adaptarnos a todos os campos e sobre todo por ter que xogar lonxe da nosa afección, aínda que cabe destacar que houbo xente que acompañounos incluso nos desprazamentos máis afastados, como por exemplo os de Lugo. A pesar de comezar con mal pe, conseguimos recuperarnos e permanecer na categoría, non cabe dúbida de que seguiremos mellorando e crecendo, somos un equipo que se fixo fai tres anos e creo que a nosa evolución está a ser moi boa.

Con que sensacións finalizas a tempada a nivel individual?

 A nivel individual estou moi contenta co meu progreso, xa que nos primeiros anos do equipo eu non xogaba porque non tiña demasiada confianza en min mesma, pero co paso do tempo gracias as miñas compañeiras e sobre todo a Eloy que confiou en min dende o primeiro momento e fíxome saber do que son capaz, lograron que pouco a pouco puidera confiar en min, converténdome na xogadora que son agora. Cada tempada atópome mellor no equipo, a verdade é que aínda que ultimamente non marco tantos goles, si que e verdade que sinto que achego moito mais  ao equipo con respecto aos anos anteriores. Con isto quero decidir que enlazar as miñas xogadas co xogo das miñas compañeiras e de todo o equipo é cada vez mais sinxelo.

Que agardas do teu futuro máis próximo?

 No futuro o que agardo é seguir mellorando, xa que aínda nos queda moita historia por facer no Xallas, sen ir mais lonxe durante este mes de xuño coa disputa da nova Copa Deputación.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas