O gardameta do Galicia de Mugardos, David Gómez (Cambre, 1994), fixo unha gran tempada defendendo a portería mugardesa coa solidez que lle caracteriza.
O cambrés, que recentemente renovou unha tempada máis co conxunto mugardés, cumpriu a súa terceira campaña no club de Ferrolterra e ten pasado en equipos como as categorías base do Dépor, Fabril, Elche Ilicitano, Silva, Ponferradina e Somozas.
Os números de David Gómez foron de sobresaliente, sendo o porteiro menos batido dos conxuntos de Ferrolterra e o cuarto que menos goles encaixou na Preferente, sumando unha media de 0,0122 nos 34 goles recibidos tras 2790 minutos xogados. A lista de porteiros menos batidos desta campaña lidéraa Fedello da SD Dubra con tan só 19 goles encaixados (media de 0,0078), seguido de Mario Barreiro do CD Boiro no segundo posto con 23 tantos recibidos (0,0091) e en terceiro lugar o porteiro do CF Noia, Chrístopher, que encaixou 24 goles en contra (0,0099).