Pablo Ferro: “Na miña opinión, imos estar arriba loitando por todo”

A banda esquerda do Barallobre volverá contar por quinta tempada consecutiva con Pablo Ferro Leal (Ares, 1999), un xogador rápido, habilidoso, intenso en defensa e que supón un puñal para as defensas rivais nas súas internadas en ataque, e que na súa traxectoria conta con varias campañas coa indumentaria do Numancia de Ares.

Ves ao Barallobre como un dos favoritos esta tempada?
Xa levamos varios anos quedándonos ás portas de xogar a fase de ascenso, sobre todo o ano pasado, que estivemos na pelexa ata a última xornada, ademais fixemos varias fichaxes que sen dúbida van sumar moito nivel, así que a pesar de que este ano vai ser unha tempada moi disputada, na miña opinión, imos estar arriba loitando por todo e seremos dos favoritos.

Por que é tan difícil para os rivais vencer en O Ramo?
É un campo que aperta bastante e ao que custa adaptarse de primeiras, por iso aos equipos, que sobre todo están afeitos xogar en artificial, adoita ser un campo no que lles resulta complicado aplicar o seu xogo habitual.

Cando apostas máis pola anticipación e cando por aguantar a posición?
Pola anticipación aposto cando sinto que son capaz de chegar ao balón antes que o rival por velocidade ou aproveitando algún descoido, doutra banda, aguantar a posición é mellor se sabes que che vai a ser difícil chegar e non queres arriscarte. Isto a verdade é que depende tamén do que coñezas ao rival e de como estea a defender o equipo.

Que partido lembras con máis agarimo?
Pois non sabería dicir ningún en específico, supoño que algún que gañásemos no último minuto ou remontando, que sempre sintan ben.

Fotos: Sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde