Paula Veiga: “Teño ás mellores persoas ao meu lado apoiándome”

A dianteira Paula Veiga Varela (Malpica, 2006) cumpre a súa segunda tempada co Cee tras formarse na base do Buño, tamén na do Cerqueda e no primeiro equipo.

Estaba a realizar unha gran campaña disputándolle o pichichi a Eva Lema e con actuacións incribles como os cinco tantos ao Silva, pero unha rotura de ligamento cruzado anterior e escordadura do ligamento lateral interno no encontro ante o Tordoia deixouna fóra de combate para o que resta de tempada. A malpicá dixo que “a rotura require unha operación”, e que “está pendente da data”, comentando tamén que “agora mesmo xa me atopo facendo exercicios e demais para ir fortalecendo o xeonllo e gañando masa muscular que perderei coa operación. Despois, empezarei de novo a traballar para tentar recuperarme canto antes”.

A pesar da grave lesión, non perde o ánimo: “aínda estou a asimilar un pouco todo o camiño que vou ter que afrontar, aínda que estou bastante tranquila porque sei que teño ás mellores persoas ao meu lado apoiándome en cada paso que vou dando. Creo que é unha etapa máis que forma parte do meu camiño como xogadora e que me fará ser máis forte tanto física como mentalmente”.

Paula valora positivamente a tempada a nivel individual, comentando que “foi unha das mellores desde que levo xogando ao fútbol, e todo isto foi grazas a todo o traballo en equipo e á boa implicación de todas, que sen elas obviamente non sería posible”, para finalizar engadindo que “este ano está a ser outro de aprendizaxe para todas, onde cada día traballamos para ser mellores. Destaco o bo compañeirismo e o bo ambiente que temos, xa que é clave para entendernos tamén dentro do campo”.

Foto: Neypa Fotografía

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras