Bea Vila: bos rexistros goleadores da talentosa xogadora da EFB Amistade

Unha tempada máis, a atacante Bea segue sendo unha dos principais referentes da EFB Amistade, sendo este ano a máxima goleadora do equipo con 12 tantos nos 22 encontros que disputou, logrando uns rexistros moi similares á pasada campaña na que conseguiu 16 tantos en 27 encontros.

Bea destaca pola súa facilidade para driblar ás rivais e o bo manexo da pelota que ten, sendo capaz de controlar un balón que veña chovido do ceo. Pero a súa principal calidade é o seu golpeo seco e axustado, moi difícil de deter e anticipar para calquera porteira.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras