Alba Garabal: “A miña referente desde hai moitos anos é Vero Boquete”

Alba Garabal Barreiro (Santiago de Compostela, 2003) é unha central sólida e con proxección. Formada no Belvís, deu o salto ao Victoria santiagués coa creación da sección feminina, antes de chegar ao Bergan. Destaca pola súa boa saída de balón, iniciando o xogo con criterio desde atrás. Defensivamente é contundente e moi fiable nos duelos. […]
Roland Caamaño: o almirante do navío soneirán

Roland Caamaño Domínguez (Dumbría, 1990) é o temoneiro que todo navío futbolístico necesita. Traballador, amante do bo fútbol dominando o xogo coa posesión e capaz de transmitir equilibrio aos seus equipo. Comezou a súa carreira nos bancos da man do Castrelo na Terceira Autonómica na tempada 2014/15, para recalar ao ano seguinte como segundo de […]
O Club Salvamento Acuático Laracha asinou unha fin de semana sobresaliente na I Xornada de Praia de Sanxenxo

O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) iniciou a tempada de praia cunha destacada actuación na I Xornada do calendario da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, marcada por un contexto de preparación limitado pero cun rendemento competitivo moi alto. As categorías xuvenil, júnior e absoluta chegaban directamente do Campionato de España disputado en Castellón, […]
Resumo de abril dos Trofeos de Bisbarra en xogo

Actualización do mes de abril. II Trofeo máximo goleador grupo da Costa da Segunda Futgal Patrocina:Ramacar Muros 1º Bruno Romero (Porteño): 22 goles. 2º Bryan García (Xallas): 19 goles. 3º César Lojo (Corcubión): 18 goles. II Trofeo máximo goleador grupo da Costa da Terceira Futgal Patrocina: Vinoteca Verxel 1º Pablo Pose (Coristanco): 33 goles. 2º […]
O Baxi Ferrol inicia a súa reconstrución con Kateřina Galičková

A versátil aleiro checa, procedente do KP Brno, convértese na primeira fichaxe do conxunto ferrolán tras a saída de Alba Sánchez-Ramos e chega avalada polos seus bos números na EuroCup Women. O Baxi Ferrol comezou a construír o seu novo proxecto deportivo, baixo o lema, “O inferno empeza a construírse”, coa presentación da súa primeira […]
As Escolas Luis Calvo Sanz e a Asociación “Un Paso Máis” asinan un convenio para fomentar a inclusión de menores con TEA a través do fútbol

As Escolas Luis Calvo Sanz subscribiron un acordo de colaboración coa asociación carballesa “Un Paso Máis” co obxectivo de promover a inclusión de nenos e nenas con trastorno do espectro autista (TEA) no ámbito deportivo. Grazas a este convenio, os menores poderán integrarse en equipos das escolas, participando en adestramentos e actividades nun contorno adaptado […]
A proba de ultrafondo 21 Leguas de Narón activa inscricións este xoves 30 de abril

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do club deportivo Narón 101, Óscar Somorrostro, presentaron no Concello a quinta edición das 21 Leguas. Os 101 quilómetros de Narón”, unha das probas de ultrafondo de referencia no noroeste peninsular, que abre o prazo de inscrición este xoves 30 […]
Carballo recibe aos oito mellores equipos de Galicia e Asturias para disputar o Sector Alevín Norte Astur-Galaico de hóckey a patíns

A Federación Galega de Patinaxe e a Escola Lubiáns presentaron hoxe o Sector Alevín Norte Astur-Galaico de hockey sobre patíns, un evento deportivo de alto nivel que reunirá no noso concello os catro mellores equipos tanto de Asturias coma de Galicia, entre eles o anfitrión Energimac Escola Lubiáns, que se clasificou na final a catro […]
O CDM Piragüismo Dumbría, subcampión galego no Campionato de Novas Promesas de Slalom

O CDM Piragüismo Dumbría acadou o subcampionato galego no Campionato Galego de Novas Promesas de Slalom, celebrado o pasado 25 de abril no río Coura, na localidade portuguesa de Covas, nunha xornada de gran nivel competitivo. O conxunto dumbriés finalizou en segunda posición por equipos, só por detrás do Club Deportivo Miño-Os Teixugos e por […]
O Club Salvamento Acuático Laracha completa unha meritoria participación en Castellón cun bronce nacional para Pedro Caamaño, así como obter un récord galego

O Club Salvamento Acuático Laracha – SAL asinou unha notable participación no XIV Spanish Open Spring Championship, unha das citas de maior nivel do calendario estatal de salvamento e socorrismo, competindo con solvencia fronte a algunhas das mellores entidades do país. A expedición do SAL estivo formada polos nosos deportistas Gabriela Paulos García, Iria Barreiro […]