Acordo de colaboración entre o Valdetires e a Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña e o Valdetires Ferrol FSF formalizaron este luns un protocolo xeral de colaboración co obxectivo de impulsar proxectos conxuntos vinculados ao deporte, á formación, á saúde e á promoción do deporte feminino. O acordo foi asinado polo reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad, e pola presidenta do Valdetires Ferrol […]

O Baxi Ferrol blinda a continuidade de Karolina Šotolová

A base checa convértese na primeira renovación do conxunto ferrolán tras unha destacada tempada na Liga Feminina Endesa e na EuroCup Women. A base checa Karolina Šotolová converterase na primeira renovación do Baxi Ferrol de cara á próxima tempada. A xogadora continuará así ás ordes de Lino López, consolidándose como unha peza fundamental no esquema […]

Marcos Carro: “Tocoume un grupo espectacular”

Marcos Carro Rojo (Coristanco, 2005) está a vivir no Oza unha tempada de loita e afirmación, defendendo a banda esquerda con carácter e ambición. Formado nas canteiras do Bergantiños e do Coristanco, e curtido no Xallas, chegou preparado para dar un paso adiante. O seu despregue, intensidade e espírito competitivo convérteno nun xogador diferencial, sempre […]

Samu Lozano: “Somos un grupo de amigos que nos gusta xogar ao fútbol”

O zagueiro do San Lorenzo, Samuel Lozano Chouciño (Cerqueda, 1997), é un dos referentes do equipo, achegando experiencia e coñecemento da casa. Formado nos xuvenís do Bergan, iniciou unha traxectoria que o levou ao propio San Lorenzo e, máis tarde, a conxuntos como o San Sadurniño ou o Miño, antes de regresar ao conxunto carballés. […]

Alexandra Lojo: “O máis importante é o bo ambiente no vestiario”

Alexandra Lojo Canosa (Corcubión, 1993) domina a medular do Corcubión. É unha xogadora rápida, de gran toque, precisa e con instinto goleador. A súa paixón polo deporte e a nutrición, xunto coa ensinanza, marcou a súa formación académica e laboral, impulsándoa a crear ALO Salud, onde comparte consellos para mellorar os hábitos das persoas cun […]

Ainhoa: “Síntome moi motivada e con ganas de dalo todo”

Desde a defensa érguese unha promesa que medra con forza no fútbol costeiro. Formada no Laxe e curtida no Ponteceso, Ainhoa Rodríguez Varela (Laxe, 2008) afronta no Xallas a súa primeira tempada. É unha zagueira polivalente, rápida e intensa, que destaca polo seu toque e pola boa saída do balón, achegando puro carácter competitivo e […]

Bouzi: “Confío moito na defensa que teño actualmente”

O porteiro Iván Bouzón Quintáns “Bouzi” (Cee, 1995), chegou no tramo final da pasada tempada ao Muxía tras formarse nos xuvenís do Cee e do Compos, onde sufriu unha grave lesión no xeonllo. Tras recuperarse, recalou no Dumbría, Fisterra e Noia, regresando ao Cee antes de chegar aos corviños. Bouzi é un porteiro fiable que […]

Sara Lago: “Fun superbén acollida desde o principio”

Sara Lago López (Vilagarcía de Arousa, 2006) afronta a súa primeira tempada no CB Laracha tras chegar no verán desde o CLB Vilagarcía. Á-pivote de gran técnica e mobilidade, destaca pola súa capacidade para o bloqueo e o seu compromiso defensivo. En ataque, achega versatilidade e bo criterio, converténdose nunha peza importante para o equipo. […]

Mataso: “Non hai mellor club que este”

Na beira esquerda do campo, José Miguel Caamaño Sendón (Ameixenda, 1998), coñecido nos campos costeiros como Mataso, representa a fidelidade ás cores do Dumbría. Salvo media tempada co Ameixenda, onde unha grave lesión do ligamento cruzado freou temporalmente o seu camiño, a súa carreira é exemplo de constancia. Militou en alevíns no Luis Calvo e […]