Rodri Toja: “O club se portou moi ben comigo e estou moi contento”

Cando o balón se achega ao arco do Baio, todos saben que Rodrigo Toja Mariño (Carballo, 2005) está alí, firme como un muro. Cada parada é un acto de liderado e cada reflexo unha declaración de intencións. Baixo a súa custodia, a portería convértese nun bastión, e o equipo nunha forza que nunca se rende. […]

XX Trofeo Cidade de Narón

O Club Arco Narón celebrou o pasado sábado no Pavillón da Gándara a vixésima edición do seu tradicional torneo de tiro con arco indoor. O XX Trofeo ‘Cidade de Narón’ de Tiro con Arco en Sala é xa o 2º torneo con máis soleira dentro do calendario galego (sen contar o Campionato Galego), e celébrase […]

O Baxi pecha unha fase de grupos na EuroCup Women con autoridade

A escuadra ferrolá asinou unha noite redonda ao sumar o pleno de vitorias tras derrotar ao Zaglebie Sosnowiec por 92-49. Desde o primeiro partido da fase de grupos, o Baxi Ferrol deixou claro que non viñera a cumprir, senón a impoñer. O equipo dirixido por Lino López logrou selar un momento europeo perfecto cun pleno […]

Agónica vitoria do BBCA en prórroga por 69-65 fronte ao Ensino

Cheo a rebentar no Javier Gómez Noya para ver a un Costa Ártabra, que chegaba moi minguado a este choque, que decidía quen acabaría líder da primeira volta, xa que se enfrontaban os dous primeiros da clasificación. Os departamentais non podían contar con Brais, Pita, Jorge, Adrián, Coira, Pevi, Nico Mario nin Rivas que por […]

Catro medallas para o Club Sysca no Campionato de España de Distancias Curtas

O equipo carballés tamén conseguiu dous novos récords autonómicos na competición disputada en Guadalajara. O Club Sysca participou esta fin de semana na sexta edición do Campionato de España de Distancias Curtas das categorías xuvenil, júnior e absoluta. Durante o sábado e o domingo máis de 400 socorristas de todo o país déronse cita na […]

Reunión informativa da Asociación de Fútbol Afeccionado da Costa

O pasado 17 de novembro de 2025, ás 20:00 horas, celebrouse no Edificio Multiusos de Santa Comba a reunión informativa da Asociación de Fútbol Afeccionado da Costa (ASFACOS). O encontro contou coa participación de 19 clubs da Costa da Morte, mentres que outros 7 equipos excusaron a súa ausencia. A sesión estivo presidida por Vinto […]

Volve “Nada e corre”, unha competición da AD Fogar que leva seis edicións promovendo os deportes da natación e o atletismo na infancia

O presidente da AD Fogar, Gustavo Álvarez Nogueira; o concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro, e o alcalde, Daniel Pérez, presentaron unha nova edición de Nada e corre, un particular formato de duatlón impulsado pola asociación deportiva carballesa que leva seis edicións promovendo os deportes da natación e o atletismo entre a rapazada. A sétima edición celebrarase […]