A IX Carreira do Apóstolo espera superar os 1.000 inscritos da pasada edición

A Carreira do Apóstolo celebrará o sábado 18 de xullo en Vilaño, A Laracha, a súa novena edición, mantendo a súa aposta por un evento de comunitario, solidario e aberto a todas as idades e condicións físicas. A Asociación Cultural Adro de Vilaño agarda superar este ano a cifra dos máis de 1.000 inscritos acadada […]
Nova xunta directiva para impulsar o futuro de O Parrulo Ferrol

O Parrulo Ferrol inicia unha nova etapa coa chegada de Bruno García á presidencia, dando continuidade a un proxecto deportivo con 48 anos de historia. O club presentou este luns a súa nova xunta directiva nun acto celebrado no Pavillón da Malata, no que participaron todos os seus integrantes, ademais do embaixador da entidade, Adri. […]
Fernando Macías xubilouse tras máis de trinta anos de servizo en Carballo Deporte

O servizo municipal de deportes despediu a un dos seus membros máis veteranos. Fernando Macías, traballador de Carballo Deporte dende o ano 1992, inicia unha nova etapa vital despois de tres décadas dedicadas á promoción da actividade física e da saúde do concello carballés. No acto de despedida acompañárono o alcalde de Carballo, Daniel Pérez; […]
Hugo López realizou un gran Campionato de Europa

Hugo López Pereira, da Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra, realizou un gran Campionato de Europa Cadete o pasado luns en Gran Canaria. O deportista naronés disputou o seu primeiro Campionato de Europa, representando a España na categoría de -50 kg. No campionato disputado no Gran Canaria Arena, Hugo López realizou unha gran competición, quedando a un […]
Aprazado o Día do Deporte na Rúa

Perante as elevadas temperaturas previstas para este domingo, con alerta vermella nivel 3, o Concello de Fene anuncia o aprazamento do Día do Deporte na Rúa. A xornada, que inclúe múltiples actividades deportivas e de lecer para todas as idades, adíase previsiblemente para o mes de setembro ao obxecto, segundo explicou a alcaldesa de Fene, […]
O II Torneo Internacional Solidario Costa da Morte, organizado polo Cances CF, reunirá os días 18 e 19 de xullo a 12 equipos de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal

O Concello de Carballo acolleu a presentación oficial do II Torneo Internacional de Veteranos (+35) «Costa da Morte», unha cita deportiva de primeiro nivel pero que, por riba de todo, destaca polo seu profundo carácter solidario. O club de veteranos carballés Cances CF dá un paso adiante organizando esta importante cita, que foi presentada formalmente […]
Hoops 3×3 volve este verán coa segunda edición do 3×3 Hoops Eume

O torneo celebrarase en Pontedeume os días 17, 18 e 19 de xullo e reunirá categorías desde formación ata sénior dentro do Circuíto Galego de 3×3. Hoops 3×3 volve á carga este verán coa segunda edición do 3×3 Hoops Eume, unha cita que se celebrará os días 17, 18 e 19 de xullo en Pontedeume […]
O CDM Piragüismo Dumbría confirma o seu bo momento cun brillante noveno posto por clubes na Copa de España celebrada en Sort

O CDM Piragüismo Dumbría participou esta fin de semana na segunda proba da Copa de España de Novas Promesas de Slalom, disputada na localidade leridana de Sort, nas augas do río Noguera Pallaresa, un dos escenarios máis emblemáticos do piragüismo de augas bravas en España. A cita, segunda do calendario nacional tras a competición celebrada […]
VI Cross de Obstáculos Terras do Vákner: unha batalla contra os obstáculos na vila dumbriesa

Dumbría volveu converterse no epicentro da aventura e da superación coa celebración da sexta edición do Cros de Obstáculos Terras do Vákner. Organizada polo Concello de Dumbría en colaboración co equipo ConcoBox, a proba reuniu numerosos deportistas dispostos a desafiar un percorrido cheo de dificultades, onde a resistencia, a forza e a determinación foron tan […]
XI Pedestre Concello de Muxía: Fran Pais e Tina Fernández impuxeron a súa lei na proba raíña

A terra muxiá converteuse unha vez máis no escenario dunha xornada inesquecible de deporte e superación coa celebración da XI Pedestre Concello de Muxía, sexta parada do circuíto Correndo pola Costa da Morte. Baixo un ceo cómplice e coa bravura do Atlántico como testemuña, centos de atletas desafiaron o percorrido nunha cita que xa forma […]