Emiliano Martínez: “Estou moi agradecido a toda a familia do Volei Dumbría por poder compartir con eles esta tempada, facéndome sentir como na miña casa”

O técnico uruguaio finaliza a súa situación contractual co Volei Dumbría unha vez que rematou a tempada. Cos obxectivos cumpridos a nivel de resultados e de traballo coa base, o adestrador márchase agradecido a un club e a unha vila na que se sentiu como na casa.

Como foi a túa chegada e adaptación a Dumbría?

A miña chegada e adaptación foi moi boa e con moitas facilidades, vindo de Valencia e dun entorno totalmente diferente ao de Dumbría, pensei que o que mais me custaría sería adaptarme a vida social e as relacións persoais, pero estaba totalmente equivocado, xa que me atopei a un grupo de persoas e a unha xente súper cálida, nun lugar onde recibíronme de forma espectacular e onde dende o primeiro día fixéronme sentir na casa. A realidade é que o mais bonito que vivín durante toda a tempada en Dumbría foi o contacto e o día a día con xente dunha gran calidade humana.

Como foi a creación do equipo do Volei Dumbría para esta tempada? ¿Cales foron os obxectivos do equipo?

Antes de nada hai que matizar que esta tempada vivín unha situación extraordinaria na miña carreira, xa que recibín a chamada do Volei Dumbría a mediados do mes de agosto, a pouco mais dun mes para comezar a competición, polo que o equipo estaba xa formado na súa totalidade, sendo eu o último en chegar, polo que non tiven opción de escoller a ningún xogador do mesmo. A realidade é que esa foi a miña primeira gran dificultade, xa que nas primeiras semanas tiven que traballar para coñecer as virtudes e tamén as necesidades do cadro de xogadores ao que tiven que adaptarme ao cento por cento. É certo que tendo en conta as dificultades económicas do club en comparación coas tempadas anteriores, os obxectivos deportivos que me marcaron foi a da permanencia na categoría, pero a miña esixencia como adestrador fixo que quixera transmitirlle aos xogadores que mais alá de loitar polo obxectivo institucional, deberíamos tamén de loitar por todo, sendo moi ambiciosos e pelexar por quedar máis arriba posible. Na segunda volta de competición vimos que loitar por xogar a Fase de Ascenso seria moi complicado, polo que o equipo centrouse en conseguir a permanencia, o cal fixemos con relativa tranquilidade a falta de tres xornadas para o remate da competición.

 Como valoras a progresión do equipo durante a tempada?

O equipo foi sempre de menos a mais, tendo en conta que estaba formado por cinco xuvenís de 16 anos, xogadores sénior da casa e tres xogadores profesionais, un equipo practicamente novo e no que poucos xogadores coñecíanse entre eles, a realidade foi que o equipo tería que ir crecendo co paso das xornadas, tendo en conta que o calendario foi moito mais difícil nos comezos tanto da primeira como da segunda volta da competición. Nos primeiros partidos de cada volta sufrimos as derrotas mais duras, pero por sorte tivemos a actitude e a coraxe de repoñernos desas derrotas, xa que con moito esforzo e traballo conseguimos chegar nun bo momento aos partidos ante os rivais directos, sendo capaces de conseguir a permanencia na antepenúltima xornada da competición.

¿Como ves o nivel da Superliga 2?

O noso grupo foi sen dúbida o máis difícil, xa que formaban parte do mesmo os dous equipos descendidos da Superliga 1, o Textil Santanderina e o Aldebarán San Sadurniño, ademais dun equipo moi complicado como o Palencia, un conxunto que nutre a selección española e que leva dous anos xuntos adestrando en dobre sesión, a un nivel profesional. Tivemos un grupo de competición moi forte, sen dubida o grupo Norte foi o mais esixente e competitivo a nivel de rendemento. É algo que hai que poñer en valor, xa que no noso grupo o último clasificado ten practicamente o dobre de puntos que os últimos clasificados dos demais grupos, mostrando  claramente o gran nivel que tiña o grupo Norte. Foi unha Liga moi competitiva no que destaca principalmente por un ou dous xogadores que destacan por enriba da media, pero no que todos os equipos con esforzo, traballo e calidade poden loitar por calquera lugar na clasificación, tendo en conta a gran igualdade da competición.

Como afrontas o futuro lonxe de Dumbría?

Como ben dis logo da reunión que tiven a pasada semana cos representantes do club, na que fixemos polas dúas partes unha gran valoración da tempada tanto a nivel competitivo e de resultados como do traballo da canteira, non puidemos chegar a un acordo para a miña continuidade a próxima tempada no Volei Dumbría. Son cousas do deporte profesional, na que poden darse este tipo de situacións. Por enriba diso e a nivel persoal creo que polas dúas partes, tanto co club como pola miña vai a quedar unha sensación moi positiva de como se puideron conseguir os obxectivos e do camiño percorrido xuntos. Eu estou moi agradecido a toda a xente do Volei Dumbría por darme a oportunidade de adestralos esta tempada, non teno dubido que no futuro ben polos camiños do deporte ou ben polos camiños da vida e das relacións persoais volveremos a xuntarnos. Marcho dun lugar no que estiven vivindo moi a gusto durante sete meses, un lugar que xa o considero como a miña casa, polo que non teño dúbida de que algún día volverei ben para cumprir cunha tarefa a nivel profesional un ben para visitar e saudar a toda a xente que tan ben se portou comigo nesta etapa da miña vida.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas