Un dobre penalti nos últimos segundos deixou ao Parrulo sen sumar

A gran primeira parte de O Parrulo non tivo premio tras caer por 4-5 ante o Jaén nunha noite na que Gonzalo foi expulsado por dobre cartón amarelo moi discutido e un dobre penalti nos últimos segundos do encontro. O Parrulo volveu vestirse de curto no primeiro partido do 2026 ante a súa afección para […]
O Baxi brilla no último cuarto para levar a vitoria

Un gran último cuarto e con Sotolova como heroína valeu para que o conxunto ferrolán sumase a súa sétima vitoria da tempada, escalase ao oitavo posto da clasificación e xóguese o billete á Copa da Raíña na próxima xornada. O Baxi chegaba á 14ª xornada da liga Feminina Endesa recibindo ao conxunto catalán do Joventut, […]
Resumo de decembro dos Trofeos de Bisbarra en xogo

Actualización do mes de decembro. II Trofeo máximo goleador grupo da Costa da Segunda Futgal Patrocina:Ramacar Muros 1º Dani Fernández (Muros), Javi Pérez (San Lorenzo) e Sergio Martínez (Outes): 10 goles. 2º Bruno Romero (Porteño) e Ba (Malpica): 9 goles. 3º Baba (Porteño), Bryan (Xallas), Manel Carou (Outes) e Salah (Sporting Zas): 8 goles. II […]
O equipo absoluto do AD Fogar despediu o ano en Lugo cun gran campionato

Os pasados 27, 28 e 29 de decembro, 16 deportistas da AD Fogar tomaron parte en Lugo no Campionato Galego Absoluto de Inverno disputado na Piscina Minicipal de Frigsa, onde callaron unha máis que destacada actuación fronte aos 28 equipos participantes no torneo. No referente ás clasificacións por equipos o AD Fogar foi 10º en […]
Xornadas de Nadal e Kangeiko en Ferrolterra

Para pechar este ano 2025 a Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra realizou, como xa é costume, o seu adestramento de inverno de Kangeiko. Este é un adestramento que tradicionalmente se realiza a temperaturas baixas, nos días e horas máis frías do inverno, e que leva celebrándose desde a fundación de Kodokan en 1882. O obxectivo deste […]
O Baxi Ferrol imponse nunha batalla épica ante o Ensino

O Baxi Ferrol saíu vencedor dunha auténtica batalla galega, impoñéndose ao Ensino Lugo por 71-67 nun derbi cargado de tensión, emoción e orgullo, correspondente á 13ª xornada da liga Feminina Endesa, resolto nun final agónico que fixo vibrar á afección. Apaixonante partido o que se viviu na cidade naval entre o conxunto ferrolán e o […]
O BBCA estará no grupo de ascenso

A gran vitoria, con prórroga incluída, do Baloncesto Base Costa Ártabra sobre o Cambre por 76-81, certificou a clasificación para o grupo de oito que batallará polo ascenso. A tarde invernal do pasado domingo, con frío polar no Sofía Toro de Cambre, era o escenario no que os ferroláns pelexaban por alcanzar matematicamente o primeiro […]
Mario Tenreiro conquistou o bronce en Torrelavega

O pasado sábado 20 de decembro disputouse a Copa de España Junior de Cantabria, en Torrelavega. Tres judocas do AD Judo Ferrolterra desprazáronse ata Torrelavega, onde Mario Tenreiro Leira volveu polos seus foros e conseguiu unha meritoria medalla de bronce na categoría de -81kg. Os seus compañeiros de club, Bruno Carrodeguas -66 kg e Xabi […]
III Gala do Deporte do Concello de Outes

O Concello de Outes celebrou este sábado 20, ás 20:00 horas, no emblemático Pazo do Tambre, a terceira edición da súa Gala do Deporte, un evento que reuniu a preto de 300 persoas vinculadas ao tecido deportivo, social e institucional do municipio. A velada, presentada por Pablo Ríos por terceiro ano consecutivo, consolidouse como unha […]
Carballo premiou aos seus deportistas

Carballo viviu unha noite histórica coa celebración da primeira edición dos Premios do Deporte, un evento que naceu para recoñecer o esforzo, a dedicación e os logros dos deportistas, clubs e entidades que impulsan a actividade deportiva no municipio. A noite do venres foi especial pola celebración dos I Premios do Deporte Concello de Carballo […]