Pleno de vitorias nas catro xornadas para o Baloncesto Base Costa Ártabra

O BBCA de Carlos Cotovad logrou sumar a cuarta vitoria consecutiva tras superar ao Cambre por 71-65. De máxima intensidade poderíase cualificar ao partido do sábado no Javier Gómez Noya, ante un ateigado pavillón, o equipo local poñíase a proba ante un correúdo rival, que traía moi preparado o partido, sabendo como castigar aos departamentais, […]
Aberto o prazo de presentación de candidaturas para a V Gala do Deporte do Concello de Fene

O Concello de Fene vén de facer públicas as bases que rexerán a organización dunha nova edición da Gala do Deporte, evento co que se pretende “reunir ás persoas e entidades do deporte fenés ao redor dun día de festa no que salientar o labor de quen contribúen a desenvolver e ampliar a práctica deportiva […]
A Escola Oficial de Idiomas fomenta a vida activa entre o alumnado a través do proxecto “Deporte é saúde”, que na súa segunda edición inclúe aquagym, esgrima e equitación

A Escola Oficial de Idiomas de Carballo segue apostando pola formación integral do alumnado a través do proxecto Deporte é saúde, unha iniciativa que conta co apoio da Consellería de Educación a través do Plan Proxecta e coa que se pretende, fundamentalmente, fomentar hábitos de vida saudables, a vida activa e a práctica deportiva entre […]
Ata 150 deportistas dos clubs galegos de salvamento acoden ao Campionato Galego de distancias curtas – Memorial Carlos Servando

O Memorial Carlos Servando, que celebrou a súa primeira edición no ano 1992, é o evento pioneiro do salvamento deportivo en Galicia. Este sábado 25, a piscina do complexo deportivo Carballo Calero acollerá unha nova edición, coa participación de 150 deportistas que representan a práctica totalidade dos clubs galegos. A competición coincidirá de novo co […]
Épica vitoria do BBCA na súa visita a Foz

Desprazábase o Costa Artabra a Foz con oito baixas, ás xa recorrentes de Brais e Alex Pita por lesións de longa duración e a de Mario por motivos laborais, e sumábanse Isma, Pelayo, Jorge, Coira e Nico ao longo da semana, con molestias físicas de distinto alcance, polo que o equipo departamental desprazábase só con […]
O Club de Salvamento Acuático Laracha e Nordes Tech levarán a cabo un simulacro de rescate acuático con drons na praia de Caión

O Club de Salvamento Acuático Laracha, referente en Galicia na formación práctica e innovadora en salvamento e socorrismo, convoca á comunidade para hoxe a partir das 17:00 horas a presenciar un simulacro de rescate acuático con drons na praia de Caión, en colaboración coa empresa tecnolóxica Nordes Tech, especializada en drons e ROVs para seguridade […]
O Baxi abónase aos cen puntos na súa segunda vitoria europea

O conxunto ferrolán levou unha plácida vitoria por 100-64 ante o equipo checo do SBS Ostrava noutra noite máxica europea. Coa vitoria conseguida na primeira xornada ante o conxunto portugués do Benfica, o Baxi encaraba o segundo encontro do grupo K da Eurocup Women recibindo en casa ao equipo checo do SBS Ostrava dirixido por […]
Bibi: “A afección é moi importante, a ver se lle conseguimos dar unha alegría”

Estamos con David González Santos, “Bibi”, técnico do UD Montelouro que compite na Segunda Futgal no grupo da Costa, para repasar a actualidade do conxunto muradán. Como valoras o momento actual do equipo? Pois irregulares, un partido bo e outro malo e así desde que comenzamos. Que sensacións che deixa o último partido e as […]
Meritoria vitoria do BBCA en Coruña 62-70 ante o Kempape

Con cinco importantes baixas presentábase o BBCA no seu debut ligueiro na Coruña ante o Kempape, ás xa sabidas de Brais e Álex Pita por lesións de longa duración sumábase unha nova, pola lesión de Pevi e as de Rivas e Mario por motivos laborais, polo que o equipo presentábase con cinco xogadores do primeiro […]
Daniel Remuiñán disputará o Rallye Rías Altas Histórico

O vixente Campión de España de Classic Silueta loitará polo triunfo na cita herculina. O piloto de Laracha, Daniel Remuiñán, volverá estar presente esta fin de semana no Rallye Rías Altas Histórico, unha das citas máis especiais do calendario galego. Nesta ocasión, farao aos mandos do Peugeot 205 Proto de Ya-Car Racing, contando con Diego […]