O Concello de Carballo convoca os I Premios do Deporte, que serán entregados nunha gala programada para o 19 de decembro

O Concello de Carballo publica os I Premios do Deporte, cos que pretendemos recoñecer as persoas e entidades destacadas polos seus logros deportivos e polo seu labor no fomento e na promoción da actividade física e o deporte no ámbito local. Establécense nove premios nas seguintes categorías e a posibilidade de mencións especiais e galardóns xerais: […]
Kike Vidal: “Somos un grupo súper san”

O central Enrique “Kike” Vidal Blanco (Boiro, 2002) converteuse no xefe da zaga somocense pola súa intensidade e solidez defensiva, contando cunha traxectoria que comezou nas bases do Abanqueiro, Cabo de Cruz e Santiago, para logo ir aos xuvenís do Boiro, xogando tamén co primeiro equipo, e do Calasanz, e dar o salto ao Sigüeiro […]
Juan Amor: “Canta máis presión, máis me crezo”

Tras seis tempadas defendendo a portería do Meicende, chegou ata As Pontes Juan Amor Rey (A Coruña, 1992), un “parapenaltis” ao máis puro estilo Diego Alves ou Pepe Reina e con gran capacidade de liderado para facerse amo da retagarda pontesa, avalado por unha gran traxectoria en clubs como o Sporting Sada, Torre, Sin Querer, […]
Trofeos de Bisbarra en xogo da tempada 2025/26

Unha tempada máis e coa colaboración dos nosos patrocinadores, teremos unha nova quenda de trofeos. A través da nosa páxina web, iremos actualizando mensualmente a clasificación. II Trofeo máximo goleador grupo da Costa da Segunda Futgal Patrocina:Ramacar Muros 1º Bryan (Xallas): 7 goles. 2º Daniel Fernández (Muros): 6 goles. 3º Adrián Lema (Soneira), Bruno Romero […]
Ainhoa Tenreiro: “A figura principal sempre foi o meu pai”

A retagarda do Victoria CF está ben asegurada coa presenza dunha gran gardiá como é a gardameta Ainhoa Tenreiro Pérez (Pontedeume, 2005), que cumpre a súa segunda tempada na escuadra herculina que milita na Terceira Federación Feminina. A porteira eumesa, que reúne múltiples calidades que a definen como un piar fundamental baixo os paus, como […]
O Baxi non puido ante o poderío de Koné

A escuadra ferrolá, que non tivo a súa mellor versión, caeu por 75-95 ante un CAB Estepona cunha estelar Koné que asinou 28 puntos. Con dúas vitorias e dúas derrotas na súa marcadora, o Baxi Ferrol afrontaba a quinta xornada da liga Feminina Endesa co obxectivo de equilibrar positivamente a balanza. Lino introducía no seu […]
O Parrulo vende cara a derrota ante ElPozo

Un tanto de Marcel a 23 segundos do final deixou sen puntos na oitava xornada a un gran O Parrulo, que plantou batalla e puxo contra as cordas ao seu rival, caendo finalmente por un axustado 3-4. Coa pista decorada en azul acorde á RFEF, o Pavillón da Malata acollía o duelo entre O Parrulo […]
Daniel Remuiñán xogarase o título en La Nucía

Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras non tiveron a fortuna de cara na penúltima cita da GR Yaris Cup Spain, que lideraban ata esta fin de semana. A parella galega non puido manter o seu impecable refacho de podios tras sufrir dúas avarías durante o evento: a primeira, cando ocupaban a segunda posición do trofeo monomarca […]
Antía Brage: “Estou segura de que imos ir crecendo”

Unha das grandes fichaxes de O Val foi o retorno da talentosa lateral Antía Brage Fachal (Fene, 2005), un auténtico puñal pola banda pola súa velocidade, bo toque de balón que lle permite poñer centros precisos ás atacantes valexas, así como ser unha xogadora de carácter dentro do terreo do xogo que lle permite dar […]
Recital europeo do Baxi

O conxunto ferrolán foi un auténtico furacán que arrasou co Benfica, endosando un 109-58 na cuarta xornada da EuroCup Women e selando matematicamente o seu pase ás eliminatorias. A noite do mércores volveu vestirse de gala para recibir ao Benfica na cuarta xornada da EuroCup Women, cun Baxi que sacaba de quinteto a Alba Sánchez-Ramos, […]