Víctor Domínguez Gesto: a precisión dun campión, o orgullo dunha comarca

Cando se fala dos grandes nomes do tiro deportivo galego, o nome de Víctor Manuel Domínguez Gesto ocupa un lugar de honra. O dumbriés construíu ao longo dos anos unha traxectoria exemplar, converténdose nun referente indiscutible para A Costa da Morte e nun dos tiradores máis respectados do panorama autonómico e estatal. Xunto ao seu […]

O Baxi Ferrol volverá competir na EuroCup Women tras ocupar a vacante do Leganés

O conxunto ferrolán volverá estar presente na EuroCup Women por terceira tempada consecutiva despois de ocupar a praza que deixou libre o Leganés, que finalmente renunciou a participar no torneo. O anuncio oficial realizouse este sábado nunha comparecencia na que o presidente do club, Santi Rey, explicou o intenso traballo desenvolvido nas últimas semanas para […]

Bisbarra en xogo rematou a tempada entregando once galardóns xunto aos seus patrocinadores

A revista Bisbarra en Xogo celebrou unha nova edición dos seus tradicionais trofeos anuais, unha iniciativa que continúa poñendo en valor o talento deportivo da Costa da Morte e de Ferrolterra grazas á colaboración dos seus patrocinadores Ramacar Muros, Vinoteca Verxel, Cervecería d’Mara, Idm Pereira, Cristalbox, Lonxa D’Alvaro, Dispesán Café, Cafetería Monterrey, Escudo Tierra y […]

AD Esteirana: remando coa alma dun pobo mariñeiro

Nas augas bravas da Liga Galega de Traiñeiras erguerase nesta tempada unha soa bandeira da Costa da Morte, a da valerosa AD Esteirana. O conxunto de Esteiro afrontará o desafío da categoría feminina coa forza dunha vila mariñeira que leva o salitre gravado na alma e o remo escrito no corazón. Baixo o mando do […]

Mariña Castro reforza o proxecto do Valdetires Ferrol para a próxima tempada

O Valdetires continúa avanzando na configuración do seu plantel para a vindeira campaña e anunciou a incorporación de Mariña Castro, unha das xogadoras con maior proxección do fútbol sala galego. A futbolista chega procedente do Meigas para iniciar unha nova etapa na súa carreira deportiva e converterse nunha das novas pezas do conxunto ferrolán. A […]

250 Judocas na XXV Liga Comarcal de Judo de Ferrolterra

Máis de 250 judocas déronse cita nas Instalacións Deportivas da Armada (Batallóns) para participar na Liga Comarcal de Judo de Ferrolterra, organizada polo club Agrupación Deportiva Judo Ferrol en colaboración co Concello de Ferrol. Na primeira quenda de competición disputouse a terceira e última xornada do Ranking Intercentros de Ferrolterra, no que competiron 100 judocas. […]

O Valdetires incorpora experiencia e talento coa fichaxe de Dany Domingos

O Valdetires Ferrol continúa reforzando o seu proxecto deportivo coa incorporación de Dany Domingos, unha das xogadoras con maior traxectoria e prestixio do fútbol sala feminino español. A chegada da internacional española supón un importante salto de calidade para a entidade ferrolá, que suma ás súas filas unha futbolista con máis de dúas décadas competindo […]

XXV Liga Comarcal de Judo Ferrolterra

O vindeiro sábado 20 de xuño disputarase no Pavillón da Armada-Batallóns a XXV Liga Comarcal de Judo de Ferrolterra, nas categorías sub-11, sub-9, minis e biberóns. Esta xornada de judo pecha a tempada de competicións do club, na que tamén se decidirá o Ranking Intercentros en todas as súas categorías, desde Benxamín ata Cadete, desenvolvido […]