En marcha os traballos de renovación do equipamento de seis pistas polideportivas situadas nas parroquias de Ardaña, Cances, Carballo, Rus e Sísamo

A Concellaría de Deporte ten en marcha un plan de renovación do equipamento das pistas polideportivas que temos distribuídas por todo o territorio municipal coa finalidade de facilitar e fomentar a práctica deportiva nas diferentes parroquias e de poñer en valor unha serie de instalacións que se sitúan na súa maior parte na zona rural. […]
Inicio ao grande de O Parrulo na máxima categoría nacional

O Parrulo comezou a súa andaina na Primeira División cunha goleada por 8-3 ao Family Cash Alzira na primeira xornada e entoando o «jogo bonito». A tempada deu o pistoletazo de saída coa disputa da primeira xornada da máxima categoría nacional e na que O Parrulo estreouse ante a súa afección recibindo ao Family Cash […]
Competicións de Slalom en Dumbría

A xeira de competicións para pechar a tempada autonómica de piragüismo se inicia este sábado 6 de setembro coa celebración no Campo de Slalom de O Couquiño da Copa Galega de Promoción de Slalom, proba na que compiten os máis pequenos do piragüismo galego. Unha semana máis tarde, os días 13 e 14 de setembro, […]
Primeira carreira en Asia para Édgar Vigo e Fátima Ameneiro

Tras o parón estival, os feneses competirán no ESOK Rallye turco, 9ª proba puntuable do FIA European Rally Trophy Championship. Tras 22 anos ininterrompidos en competición, Édgar Vigo e Fátima Ameneiro competirán en Asia por primeira vez. Entre o 12 e o 14 de setembro, celébrase no lado asiático de Turquía, concretamente na cidade universitaria […]
O I Torneo Internacional Sub-16 Bergantiños Football Cup reunirá en Carballo a algunhas das mellores canteiras do mundo durante a fin de semana

O campo municipal das Eiroas vaise transformar durante a fin de semana na plataforma de lanzamento das próximas estrelas do fútbol onde as canteiras do FC Barcelona, Atlético de Madrid, Athletic Club de Bilbao, Valencia CF, Real Sociedad, RC Celta, RC Deportivo da Coruña, do portugués FC Porto e do xaponés Next Japan Under Armour […]
Hoops Eume pecha o verán con dobre final en Galicia e Portugal

O verán chega á súa recta final e Hoops Eume farao ao grande, cunha fin de semana decisiva que confirma o seu crecemento dentro do panorama do baloncesto 3×3. O sábado 30 de agosto, o club eumés terá presenza na Final do Circuito Galego 3×3, que se celebrará nas inmediacións do Outlet de Culleredo. Alí […]
O xadrez volve por partida dobre a Carballo coa oitava edición do Aberto de Xadrez Clásico e a terceira do Torneo Maxistral

Carballo acollerá do 31 de agosto ao 5 de setembro o VIII Aberto de Xadrez Clásico Concello de Carballo, valedoiro para ELO FIDE clásico, no que se utilizará o formato clásico a 7 roldas e no que se repartirán 2.000 euros en premios. O prazo de inscrición está aberto ata o sábado 30 e agárdase […]
A Challenge Júnior Carballo reúne na súa sétima edición a 120 ciclistas e traspasa fronteiras ao contar por primeira vez cun equipo francés

Coincidindo co remate do prazo de inscrición, o Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino presentou a VII Challenge Júnior Carballo, unha das grandes probas que organiza ao longo do ano e que, como non podía ser doutro xeito, conta co apoio da Federación Galega de Ciclismo e do Concello de Carballo. Na súa sétima edición, […]
Éxito rotundo na final do I Circuito 3×3 Eume organizado por Hoops Eume

Pontedeume acolleu esta pasada fin de semana a gran final do I Circuito 3×3 Eume, un evento que reuniu durante dúas intensas xornadas a xogadores e xogadoras de gran nivel, desde a categoría senior ata a canteira, consolidando á vila eumesa como un novo referente do baloncesto 3×3 en Galicia. O sábado foi a quenda […]
O Concello da Laracha recibiu ao Club Salvamento Acuático Laracha en homenaxe aos resultados acadados na tempada 2024/25

O SAL logrou 59 medallas en competicións de ámbito autonómico e nacional, e outras oito en competicións internacionais. O Concello rendeu hoxe a súa homenaxe ao Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL) tralos excelentes resultados acadados pola entidade nas competicións de ámbito autonómico, estatal e internacional celebradas na temporada 2024-2025 que finalizou recentemente. O alcalde, […]