A Escola Basket Xiria volve depositar a súa confianza no adestrador Héctor Méndez para dirixir ao primeiro equipo

Héctor Méndez Vidal (A Coruña 1984), volverá ser o adestrador do Calvo Basket Xiria na Terceira FEB para a tempada 2025/26. Esta será a súa sétima tempada consecutiva no Basket Xiria, a quinta do preparador coruñés como adestrador principal no primeiro equipo do Club, dende que chegara a Carballo en 2019. A Directiva a proposta […]
A quenda de penaltis decantou o LII Trofeo Concello de Mugardos a favor do Racing

O conxunto ferrolán alzouse co trofeo tras empatar a ceros na Pedreira ante un Bergantiños que dispuxo das mellores ocasións, pero que terminou cedendo na quenda de penaltis. A Pedreira acolleu a quincuaxésima segunda edición do Trofeo Concello de Mugardos no que se medía o Racing Club Ferrol, que disputaba o seu quinto amigable da […]
Ares Fútbol Praia: detrás dun gran evento, hai unha gran organización

Ares celebrou, un ano máis, o exitoso maratón de fútbol praia, pero para que este evento sexa tan grandioso, detrás ten que haber un grupo de persoas que faga que isto sexa posible cada tempada, e hoxe ímosvos a falar deles. Corrían os anos 90 cando un grupo de persoas decidiron unirse para formar un […]
Teresa Pereiro: “Xogar ao fútbol sala, para min o é todo”

O Valdetires seguirá contando unha tempada máis coa talentosa e polivalente Teresa Pereiro Lorenzo (Noia, 2002), que chegaba a pasada campaña durante o mercado de inverno. Tere é unha xogadora que todo adestrador quere no seu equipo, con carácter dentro do campo, intensa á hora de presionar e de meter o pé, habilidosa ao conducir […]
Pocholo: “Estou moi feliz coas oportunidades que me están dando dentro do campo”

O extremo esquerdo, Alejandro Merlán Martínez (Ferrol, 2002), coñecido no mundo do fútbol como Pocholo, cumpre a súa terceira tempada vestindo a elástica do Moeche tras anunciar o club a súa renovación. Tras comezar a súa carreira deportiva no Meirás e pasar polo Estrella, o ferrolán recalou fai tres campañas no Moeche para achegar o […]
Pablo Ferro: “Na miña opinión, imos estar arriba loitando por todo”

A banda esquerda do Barallobre volverá contar por quinta tempada consecutiva con Pablo Ferro Leal (Ares, 1999), un xogador rápido, habilidoso, intenso en defensa e que supón un puñal para as defensas rivais nas súas internadas en ataque, e que na súa traxectoria conta con varias campañas coa indumentaria do Numancia de Ares. Ves ao […]
Tensi: “O Maniños é ese fogar ao que vou se algo non vai ben”

É imposible imaxinar a un Cultural Maniños sen María Hortensia Varela Herreros (A Coruña, 2008), máis coñecida deportivamente como Tensi, unha xogadora que é unha das almas do equipo a pesar da súa curta idade, pero formada na canteira do conxunto fenés, e salvo unha tempada que a disputou coa indumentaria do Narón O Freixo, […]
O Concello de Carballo anunciou que en breve quedará operativo o parque biosaudable e de calistenia na Praza do Hospital

A Concellaría de Deportes achega á veciñanza un novo recurso co que pretende facilitar a práctica do exercicio físico ao aire libre. Moi pronto estará operativo o novo parque biosaudable e de calistenia da Praza do Hospital, que se amplía como espazo de lecer para toda a cidadanía tras o peche ao tráfico dun treito […]
Andrea Novo: “Levar esta camiseta é algo moi bonito”

A capitá e directora de orquestra do Cariño, Andrea Novo Vila (Cariño, 1999), desborda talento coa súa boa técnica, conducción, regate e visión de xogo periférica, iniciándose nas categorías inferiores do equipo cariñés, no fútbol 8 no Cedeira e pasando por equipos como o Narón, Amistade e O Val. Que sentes levando a camiseta do […]
O 15º Campus de Baloncesto contou con 50 participantes

O Pavillón Municipal da Laracha acolleu durante esta semana unha nova edición, a décimo quinta, do Campus de Baloncesto que organiza o Concello dentro da programación estival de actividades dirixidas á mocidade. Desde o pasado luns e ata onte, venres, en horario de 10:30 a 13:30 horas, medio centenar de rapaces de entre 6 e […]