Noelia Loureiro Serrano, un exemplo a seguir

No Día Internacional da Muller, celebramos a Noelia Loureiro Serrano, unha muller que encarna os valores de dedicación, perseveranza e compromiso coa súa comunidade. Noelia, embaixadora do Club de Salvamento e Socorrismo de A Laracha, destacou tanto no ámbito deportivo como no académico e profesional. Desde nova, Noelia demostrou unha paixón inquebrantable polo salvamento e […]

Damas e cabaleiros, con todos vostedes, o EuroBaxi

O Pavillón da Malata vibrou como nunca noutra noite máxica europea do Baxi Ferrol, na que as guerreiras esnaquizaron ao Lyon endosando unha renda de 31 puntos de vantaxe no encontro de ida das semis da EuroCup Women co resultado de 93-62 e que deixa a un paso da gran final ao conxunto dirixido por […]

Chipi: “O mellor a curto prazo é consolidar a segunda posición”

O dianteiro do Escola Lubiáns, Diego Vieites “Chipi” (Noia, 1982), chegou ao conxunto carballés en 2013 e leva doce tempadas vestindo a indumentaria do conxunto carballés, consagrándose como un dos veteranos e lenda do club. Chipi formouse no Noia e posteriormente xogou en equipos como o Vigo Stick ou o Raxoi, destacando pola súa habilidade […]

Antonio Tacón: “Estamos nunha boa posición”

O xogador do Xiria Volei, Antonio Tacón, analizou a tempada do conxunto carballés. Coa clasificación para a fase final xa ben amarrada, o xogador do Xiria Volei, Antonio Tacón, valora as sensacións da tempada comentando que “o equipo está ben e estamos nunha boa posición. Vimos de gañar un partido complicado contra o primeiro clasificado […]

Patri Romaní: “Este ano era necesario un punto de inflexión”

A xogadora do Fisober da Preferente Futgal FS, Patricia Romaní Vilela (Muxía, 1991), tamén forma parte do Muxía da Terceira Galega. Comezou xogando ao fútbol sala nas escolas deportivas do Muxía e despois no Amarelle. Como te ves a nivel individual e colectivo? Despois de competir os últimos dous anos polo título de liga ata […]

Mario Cancela, o gran progreso carballés

O primeira liña, Mario Cancela (Carballo, 2003), cumpre a súa cuarta tempada no primeiro equipo e o crecemento deste xogador saído da canteira carballesa foi en curva ascendente. Mario, que porta o dorsal 55 porque levaba o “5 desde pequeno, cando empecei a xogar ao balonmán, porque sempre me gustaba ese número e agora teno […]

Iván Rojo: “A liga non acabou e pode pasar de todo”

Iván Rojo Pombo (Carballo, 1993) xoga no Atlético Carballo tras o seu paso polo Sofán, Paiosaco, Baio, Cerqueda, Baíñas e San Lorenzo, compaxinando actualmente como adestrador deste último. O rendemento do Atlético Carballo está a ser espectacular, comentando Iván que “sabiamos que o cambio de Primeira a División de Honra notaríase en canto a ser […]

Ismael Ramos: “Traballamos moito de cara á portería”

O futbolista atacante do Sofán “B”, Ismael Ramos Casal (A Laracha, 2003), chegou nesta presente tempada procedente do Atlético Cercedense e moi pronto se converteu nun dos referentes do conxunto carballés, sendo o máximo goleador do equipo e liderando a táboa de pichichis con 28 tantos, un máis co artilleiro do Sporting Zas, Raúl Corzón, […]

Diego Estévez, potencia e gol nas súas pernas

Diego Estévez Canosa (Fisterra, 2002) é o dianteiro do Dumbría que destaca polo seu despregamento físico e tren inferior, rompendo defensas coa súa velocidade e cambio de ritmo, e capaz de armar a perna moi rápido para sacar lategazos. A súa carreira futbolística iniciou na base do Fisterra, pasando ao primeiro equipo e tamén unha […]