BILLARDA: Final feminina e absoluta

O domingo día 5 de setembro a partir das 16:00 horas no campo de Billarda de Nantes, en Sanxenxo, xogáronse as finais feminina e absoluta que en agosto non se puideron disputar por culpa da choiva. Nesta ocasión o tempo trouxo un día de moita calor e con algúns momentos de brisa fresca. Antes de comezar coas […]
CRISTIAN SANTOS INSUA: Un novo profesional do fútbol na fin do mundo

Fisterra é, dende hai décadas, un dos bastións do talento futbolístico da Costa da Morte. Berce de sonos de moitos xogadores que chegaron a ser profesionais. O último, un veciño de San Martiño que está na primeira división alemá. Iso si, practica outro tipo de fútbol, ese que ten quaterbacks, runners e que leva por […]
PATY TÚÑEZ: A polo podio na Copa do Mundo de Budapest

Unha das deportistas que máis éxitos teñen recollidos neste 2021, estase a preparar para a participar na Copa do Mundo de kick boxing, que se celebrará en Budapest entre o 17 e o 19 de setembro. Un encontro internacional ao que acudirá de forma individual e para o que tivo que moverse co fin de […]
III CHALLENGE JÚNIOR CARBALLO: O Club Ciclista Carballo organizará a proba

A III Challenge Júnior Carballo reunirá esta fin de semana a ciclistas de todo o noroeste español e Portugal. A proba, organizada polo Club Ciclista Carballo, consta de tres etapas deseñadas tamén para poñer en valor a riqueza paisaxística do Concello de Carballo. Despois dun ano de ausencia obrigada, a Challenge Júnior regresa a Carballo […]
CONCELLO DE CARBALLO: IV Aberto de Xadrez Clásico

O IV Aberto de Xadrez Clásico Concello de Carballo reunirá a grandes mestres internacionais. Entre os participantes estará o mozo hindú Gukesh D, campión do mundo sub14 e terceiro Gran Mestre máis novo da historia. Do 1 ao 8 de setembro disputarase o IV Aberto de Xadrez Clásico Concello de Carballo, valedoiro para ELO internacional […]
BILLARDA: Xogáronse só as finais infantil, varados e equipos

Por culpa do mal tempo, non se puideron disputar as finais feminina e absoluta, polo que aprázanse para o domingo 5 de setembro a partir das 16:00 horas no campo de Billarda de Nantes, en Sanxenxo. O campo de Billarda de Nantes en Sanxenxo presentaba un aspecto impecable, aínda que o ceo gris auguraba que […]
GRAN FONDO ÉZARO: A reportaxe de Bisbarra en xogo

Tras un ano de ausencia, o Gran Fondo Ézaro volveu a celebrarse como o que é, unha das probas deportivas máis importantes de toda Galicia. Así o demostrou a participación masiva, case 900 ciclistas, que a converteron na maior proba deportiva destas características que se organiza en Galicia dende a aparición do coronavirus e así […]
BILLARDA: Última xornada no Miradoiro de Santa Marta

A 13ª xornada da Liga Atlántica de Billarda (Conferencia Noroeste), celebrada no Miradoiro de Santa Marta o sábado 24 de xullo, foi a última da tempada. A final disputarase o domingo 1 de agosto en Sanxenxo. O sábado, nunha tarde de ceo nubrado, disputouse a 13ª xornada nun día en que os equipos chegaban preparados […]
BILLARDA: 12ª xornada da Liga Atlántica (Conferencia Noroeste)

A 12ª xornada da Liga Atlántica de Billarda (Conferencia Noroeste), penúltima da tempada, celebrouse o domingo 18 de xullo no Paseo Marítimo de Xubia (Narón). Participaron un total de 49 palanadores entre os que se atopaban dous equipos da provincia de Lugo e un da de Pontevedra, ademais dos 4 equipos da Coruña. A mañá […]
BILLARDA: 11ª xornada da Liga Atlántica de Billarda (Conferencia Noroeste)

A 11ª xornada da Liga Atlántica de Billarda tivo lugar na Cidade Deportiva da Torre Arsenio Iglesias (A Coruña). A xornada disputouse a porta pechada polo tema Covid e baixo a curiosidade da xente que camiñaba, facía running ou os turistas que vían un deporte e achegábanse a preguntar como se chamaba. Nesta xornada estiveron […]