Álvaro Trigo: “Sentín que era o lugar adecuado para seguir progresando”

No fragor da pista e co latexo firme da ambición, Álvaro Trigo Calvo (A Coruña, 2006) irrompe na súa primeira tempada co Escola Lubiáns como un vendaval de talento e entrega. Forxado na Compañía de María, onde xa saboreou a esixencia da categoría Prata, chega cunha fame competitiva que non entende de adaptacións, facendo do […]
Tiago: “Poder seguir xogando aquí é unha alegría para min”

Tiago Fernández Vaquero (Corcubión, 2007) é un prodixio do voleibol formado no Volei Dumbría, onde labrou o seu talento desde pequeno. Procedente dunha familia apaixonada polo voleibol, o seu pai, o recoñecido adestrador Luis Alberto Fernández, e a súa irmá Leire, xogadora, Tiago levou o seu xogo ata o combinado español nas categorías inferiores, onde […]
Paula Fandiño: “A nivel grupo, está sendo dos anos máis bonitos que recordo”

No berce do fútbol galego emerxe a figura de Paula Fandiño Trillo (Cee, 2001), alma incansable do Fisober. Fiel ao seu escudo desde sempre, combina talento e compromiso tamén no Dumbría de fútbol 11. Criada entre balóns e ilusión, chegou a vestir o combinado galego e hoxe sementa futuro adestrando a base. Campioa de España […]
Daniela Cabado: “Estamos súper orgullosas cos resultados que estamos a obter”

Daniela Cabado Esmorís (A Laracha, 2009) é unha escolta cun destacado talento ofensivo e unha notable capacidade para o tiro exterior. Formada no CB Laracha, o seu crecemento deportivo levouna a competir durante tres tempadas no Culleredo, onde disputou dous Campionatos de España, chegando aos oitavos de final en ambas as dúas ocasións. De regreso […]
Laura Raña: “O meu obxectivo é crear un proxecto comprometido co fútbol feminino”

Faísca convertida en gol, Laura Raña Martínez (Cerceda, 1991) é a atacante indomable do Club Atlético Cercedense. Pioneira e capitá de soños, impulsora do equipo feminino que abriu camiños onde non os había. Coa súa pegada pasou por Tordoia, Orzán, Abellá e Dépor, deixando fútbol e carácter, e tamén sementa futuro na base, adestrando talento. […]
O Baxi permítese soñar co playoff tras tombar ao Spar Girona

O conxunto ferrolán sumou unha gran vitoria na casa tras vencer a un dos colosos da liga, o Spar Girona, por 75-67. A 26ª xornada da Liga Feminina Endesa deixou unha noite máxica para o Baxi Ferrol de Lino López, que chegaba a unha cita esixente ante un dos colosos da competición, o Spar Girona, […]
Edu Souto: “Vin ao Seaia por amizades”

Eduardo Souto Barca (Carballo, 2000) incorporouse esta tempada ás filas do Sporting Seaia para reforzar o centro do campo, achegando traballo, carácter e criterio co balón. Formouse nas categorías de base do Bergan e do San Lorenzo, e posteriormente pasou polo Buño. Agora afronta no Sporting Seaia un novo reto, coa ambición de seguir medrando […]
Bryan García: “Somos un equipo que nunca tira a toalla”

Na vangarda do Xallas irrompe Bryan García Pereira (Santa Comba, 2004), un centrocampista ofensivo con alma de goleador. Formado en canteiras como a do propio Xallas, Bergantiños, Dumbría, Conxo e Zas, seguiu o seu camiño en Baio e Mazaricos antes de regresar ao conxunto xalleiro. O seu fútbol é puro instinto, con chegada, desborde e […]
Olalla Antelo: “Que mellor que defender o escudo da túa terra”

O nome propio do gol no Xallas é Olalla Antelo Atán (Santa Comba, 2006), dianteira que leva toda a vida defendendo as cores do conxunto xalleiro, onde se converteu na gran referencia ofensiva. Artilleira incansable, os tantos levan o seu selo, destacando virtudes como o regate eléctrico, habilidade para zafarse de calquera defensa e un […]
Resumo de marzo dos Trofeos de Bisbarra en xogo

Actualización do mes de marzo. II Trofeo máximo goleador grupo da Costa da Segunda Futgal Patrocina:Ramacar Muros 1º Bruno Romero (Porteño): 22 goles. 2º Bryan García (Xallas): 17 goles. 3º César Lojo (Corcubión): 16 goles. II Trofeo máximo goleador grupo da Costa da Terceira Futgal Patrocina: Vinoteca Verxel 1º Pablo Pose (Coristanco): 29 goles. 2º […]