Carla Lago: “O máis importante é gozar do fútbol”

As filas do Fisober presentaron esta tempada a unha das súas grandes fichaxes como é Carla Lago Fernández (Muros, 2010), unha xogadora rápida, con regate e bo toque de balón que se desenvolve na posición de á. A muradá compaxina o fútbol sala co fútbol campo no Dumbría, club polo que fichou este verán tras […]
June Carmona: “Sentín que era o meu deporte”

Unha das fichaxes máis ilusionantes do CB Laracha foi o da talentosa base June Carmona Alonso (Aretxabaleta, 2005), formada no Ointxe de Arrasate (Mondragón) e que chegou procedente do poderoso Araski. A xogadora vasca é moi rápida, habilidosa e unha auténtica máquina de anotar, sendo unha das principais encestadoras no ranking da liga. Que namoroute […]
Silvia Barcia: “O noso obxectivo é competir”

A banda dereita do Cabana está ben cuberta por Silvia Barcia García (Laxe, 2004), que chegou este verán tras estar tres tempadas no Puenteceso e disputar varios encontros de pequena co Laxe. Silvia é unha das habituais no once titular que achega intensidade, compromiso nas tarefas defensivas, rápida, habilidosa, con bo toque de balón e […]
Dani Vázquez: “O Coristanco xa é parte de min”

No mundo do fútbol hai xogadores que son especiais, que dedican a súa vida deportiva a defender as cores dun club, que coñecen a casa á perfección e déixanse a alma polo seu escudo, e neste bloque atopamos a Daniel Vázquez García (Coristanco, 1999), o mediocentro do conxunto coristanqués. É todo un director de orquestra […]
Luisiño: “Temos que dar sempre o noso mellor nivel”

Unha das principais bazas ofensivas do Malpica é o extremo polivalente Luis Manuel Ferreiro Loureiro (Malpica, 2003), coñecido deportivamente como Luisiño, que pode desenvolverse tanto pola esquerda como pola dereita e que posúe un enorme talento goleador e regate. Formouse no conxunto malpicán, co que esta tempada cumpre a súa segunda campaña consecutiva, e ademais […]
Rosio: “Cada parada, sexa boísima ou normal, é importante por como vaia o partido”

A portería do Xallas ten un ferrollo coa presenza de Rosio Pérez Gómez (Jagüey Grande – Cuba, 2006), un auténtico muro baixo paus que cumpre a súa quinta tempada defendendo a retagarda das xalleiras e que vén de proclamarse campioa de España no verán co combinado galego sub-20 de fútbol praia tras unha auténtica exhibición […]
Mauro Romaní: “Xogar no Muxía é a mellor decisión que tomei na miña vida”

Oito tempadas defendendo a indumentaria dos corviños son as que leva o centrocampista de perfil ofensivo, Mauro Romaní Lema (Muxía, 1998), tras unha estancia no Bergan e no Dumbría. É como o bo viño, co paso dos anos segue incrementando a súa calidade, converténdose en todo un temoneiro nas facetas ofensivas do seu equipo, tomando […]
Resumo de novembro dos Trofeos de Bisbarra en xogo

Actualización do mes de novembro. II Trofeo máximo goleador grupo da Costa da Segunda Futgal Patrocina:Ramacar Muros 1º Dani Fernández (Muros), Javi Pérez (San Lorenzo), Bruno Romero (Porteño) e Sergio Martínez (Outes): 9 goles. 2º Bryan (Xallas), Manel Carou (Outes) e Salah (Sporting Zas): 8 goles. 3º Adrián Lema (Soneira) e Ba (Malpica): 6 goles. […]
Dani Carnota: “Quedo coa mentalidade e o traballo de cada un”

O ataque polo flanco esquerdo do Paiosaco ten como protagonista a Daniel Fernández Carnota (A Coruña, 2001), un puñal veloz, con desborde e letal na área que se formou no Victoria coruñés, co que chegou a formar parte do primeiro equipo, ademais de militar nos xuvenís do Racing Club Ferrol, cumprindo este ano a súa […]
Izard: “Se podemos estar entre os tres primeiros, doume por satisfeita”

A polivalente e talentosa Laura Izard Coello (Vigo, 2003) converteuse nunha peza crave para o Bergantiños. Cos seus inicios futbolísticos no Lavadores, cos rapaces, e o seu posterior salto aos equipos femininos do Sárdoma e tamén do Lóstrego, Izard aterrou este mercado de verán nas filas do conxunto carballés para achegar a súa versatilidade, velocidade, […]