Javi Antelo: “Non hai afección que acompañe tanto como o fan os nosos”

O mediapunta Javier Antelo López (Camariñas, 1997) é capaz de marcar a diferenza con cada toque de balón. A súa zurda potente e precisa, letal a balón parado, fixo del un especialista temido polos porteiros rivais. Forxado nas filas do Camariñas, club que leva na pel desde neno, viviu breves pero intensas experiencias nos xuvenís […]

Manu Mato: “Está sendo unha tempada boa a nivel persoal”

Manuel Mato Gómez (A Coruña, 2004), é un central de corazón carballés que afronta no Paiosaco a súa primeira tempada coa ambición de consolidarse e seguir medrando. Formado nas canteiras do Bergan e o Dépor, a súa traxectoria inclúe ao Ural, Laracha, San Lorenzo e Dubra. Destaca polo seu dominio do xogo aéreo, a súa […]

Lara López: “A nosa maior fortaleza está a ser a solidez defensiva”

Lara López Suárez (A Coruña, 2001) é o corazón palpitante do Bergantiños, onde brilla na súa quinta tempada como capitá. Formada nas filas do Orzán e do Dépor B, Lara domina o mediocampo cunha mestura de elegancia e forza, dando equilibrio entre a defensa e o ataque, distribuindo pases con precisión quirúrxica e recorrendo o […]

Noe Iglesias: intensidade, traballo, esforzo e compromiso

Noelia Iglesias Bazarra (A Coruña, 1981) é unha desas figuras imprescindibles no fútbol, capaz de combinar paixón, experiencia e compromiso en cada proxecto que asume. Actual adestradora do Muxía, compaxina o seu labor no fútbol 11 co fútbol sala, onde exerce como técnica e coordinadora no Distrito Ventorrillo, club ao que tamén estivo vinculada como […]

Catro récords nacionais para as deportistas máster do Club Sysca no Campionato de España

O equipo carballés regresou da última competición de piscina da tempada con varias medallas. O Club Sysca participou esta fin de semana no Campionato de España da categoría máster, disputado na piscina municipal de Parquesol, en Valladolid. O conxunto de Carballo contou coa participación dun total de catro deportistas: Sandra Puga, África Albertí, Elena Alcoba […]

César: “O equipo é especial pola sensación de familia que hai”

O pivote César Filgueiras Allegue (Cabanas, 2000) é un dos nomes propios do Balonmán Pontedeume. Formouse na canteira e representa o sentimento de pertenza ao equipo. Máximo artilleiro da liga regular, combina traballo, carácter e olfacto ofensivo para liderar a un grupo que soña co ascenso. Que ten este equipo que o fai especial para […]

Marcos Piñón: “É un pracer para min xogar na miña casa, no club que me formei”

No corazón verde de Galicia xurdiu Marcos Piñón Hermida (San Sadurniño, 1993), líbero indomable, capitán por convicción e alma do Intasa San Sadurniño. É un líder de voz firme e exemplo constante que converteu a fidelidade na súa maior fazaña, defendendo o mesmo escudo durante toda unha vida deportiva. Que sentes ao representar ao club […]

Jandro: “Somos un equipo moi unido”

Alejandro Montero Basteiro (Betanzos, 2001), coñecido como Jandro, afronta a súa quinta tempada en O Esteo consolidado como unha peza importante do equipo. Formado no Troula, ampliou a súa experiencia competitiva no Barça e o seu talento levouno a vestir a camisola dos combinados galego, coruñés e catalán, confirmando unha proxección que sempre apuntou alto. […]

Patri Yáñez: “Cada vez competimos mellor”

Unha das referentes do BBCA é Patricia Yáñez Fernández (Ferrol, 1996), escolta e capitá na súa cuarta tempada no club, combinando liderado e compromiso. Formada nas Mercedarias, deu o salto ao Baxi, onde militou durante sete tempadas, antes de asumir un papel protagonista no proxecto actual, achegando experiencia, carácter e arraigamento a un equipo que […]